Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42333

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de novembro de 2012 pola que se modifica a Orde do 12 de xullo de 2012 pola que se resolve a segunda fase de resultas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, en virtude de reclamación previa á vía xudicial social interposta por Libia Ansoar Fernández.

Mediante Orde do 12 de xullo de 2012 (DOG do 19 de xullo) resolveuse a segunda fase de resultas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 14 de abril de 2011 (DOG do 19 de abril), e procedeuse á adxudicación, entre outros, do posto de ordenanza (003) na Casa da Xuventude de Chantada (Lugo) adscrito á Consellería de Traballo e Benestar co código VP.C99.40.201.27160.006 a favor de Rosario Díaz Gancedo.

Presentada reclamación previa á vía xudicial social contra a dita orde por María Libia Ansoar Fernández, a reclamación interposta foi estimada con data do 6 de novembro de 2012 adxudicándolle o posto descrito á reclamante, a quen lle corresponde en atención á maior puntuación obtida.

Polo exposto,

RESOLVO:

Modificar a Orde do 12 de xullo de 2012 pola que se resolve a segunda fase de resultas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 14 de abril de 2011 no seguinte sentido:

Primeiro. Anular a adxudicación do posto de ordenanza (003) na Casa da Xuventude de Chantada (Lugo) adscrito á Consellería de Traballo e Benestar co código VP.C99.40.201.27160.006 a favor de Rosario Díaz Gancedo.

Segundo. Adxudicar o posto de ordenanza (003) na Casa da Xuventude de Chantada (Lugo) adscrito á Consellería de Traballo e Benestar co código VP.C99.40.201.27160.006 a Libia Ansoar Fernández.

Contra esta orde poderase interpoñer reclamación administrativa ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda