Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42331

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de novembro de 2012 pola que se modifica a do 12 de xullo de 2012 pola que se resolve a segunda fase de resultas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, en virtude de reclamación previa á vía xudicial social interposta por José Manuel González Iglesias.

Mediante Orde do 12 de xullo de 2012 (DOG do 19 de xullo) resolveuse a segunda fase de resultas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 14 de abril de 2011 (DOG do 19 de abril), e procedeuse á adxudicación, entre outros, do posto de vixilante de recursos naturais (009) no Servizo Comarcal de Quiroga (Lugo) adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co código MA.C99.30.086.27490.032 a favor de Josefa López Nogueira.

Presentada reclamación previa á vía xudicial social contra a dita orde por José Manuel González Iglesias, a reclamación interposta foi estimada o 6 de novembro de 2012 anulando a adxudicación realizada á Sra. López por non estar en posesión do permiso de conducir B, requisito imprescindible para o acceso á categoría 009, e adxudicando o posto ao reclamante por ser o seguinte aspirante na orde de puntuación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Modificar a Orde do 12 de xullo de 2012 pola que se resolve a segunda fase de resultas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 14 de abril de 2011 no seguinte sentido:

Primeiro. Anular a adxudicación do posto de vixilante de recursos naturais (009) no Servizo Comarcal de Quiroga (Lugo) adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co código MA.C99.30.086.27490.032 a favor de Josefa López Nogueira.

Segundo. Adxudicar o posto de vixilante de recursos naturais (009) no Servizo Comarcal de Quiroga (Lugo) adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co código MA.C99.30.086.27490.032 a José Manuel González Iglesias.

Contra esta orde poderase interpoñer reclamación administrativa ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda