Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42329

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de novembro de 2012 pola que se modifica a Orde do 12 de xullo de 2012 pola que se resolve a segunda fase de resultas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia en virtude de reclamación previa á vía xudicial social interposta por María Concepción Ramos Cao.

Mediante a Orde do 12 de xullo de 2012 (DOG do 19 de xullo) resolveuse a segunda fase de resultas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 14 de abril de 2011 (DOG do 19 de abril), e quedou deserto o posto de ordenanza (003) na Casa do Mar de Celeiro, no Servizo Comarcal da Consellería de Traballo e Benestar en Viveiro (Lugo).

Presentada reclamación previa á vía xudicial social contra a dita orde por María Concepción Ramos Cao, a reclamación interposta foi estimada o 6 de novembro de 2012 adxudicándolle o posto descrito á reclamante que solicitara postos da categoría de ordenanza (003) adscritos á Consellería de Traballo e Benestar en Viveiro (Lugo).

Polo exposto,

RESOLVO:

Modificar a Orde do 12 de xullo de 2012 pola que se resolve a segunda fase de resultas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 14 de abril de 2011, no sentido de adxudicar o posto de ordenanza (003) na Casa do Mar de Celeiro, no Servizo Comarcal da Consellería de Traballo e Benestar en Viveiro (Lugo), a María Concepción Ramos Cao.

Contra esta orde poderase interpoñer reclamación administrativa ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda