Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 6 de novembro de 2012 pola que se notifica acordo de incoación de expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada por Resolución do 13 de decembro de 2002 a Hermanos Montes Míguez, S.C. e transferida por Resolución do 15 de maio de 2003 a Mariña Esmar, S.L. para ocupación de parcela de dominio público portuario con destino á construción dunha nave para taller de reparación de motores mariños no porto da Pobra do Caramiñal.

Con data do 24 de outubro de 2012, o presidente de Portos de Galicia resolve autorizar a incoación do expediente de caducidade da concesión administrativa de referencia, acordándose designar como instrutor do expediente a Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para os efectos do presente expediente en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, sendo o seu réxime de abstención e recusación o consignado nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade nos dous enderezos que constan no expediente, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello da Pobra do Caramiñal á mercantil Mariña Esmar, S.L., o presente acordo de incoación de expediente de caducidade da concesión administrativa de referencia.

O expediente incóase por non pagamento de taxas desde o exercicio 2007 ata a actualidade por un importe global de 95.770,47 euros, e por transmisión ou arrendamento da concesión sen autorización previa da Administración, o que implica o incumprimento das condicións xerais 16ª e 24ª do título concesional, e da particular 5ª, e a concorrencia das causas de caducidade previstas na condición xeral 32ª.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións, outorgándose para estes efectos un prazo máximo de 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello da Pobra do Caramiñal.

Á marxe do que resulte da instrución do procedemento en canto a outros motivos de caducidade que puidesen concorrer, sen prexuízo da constitución da garantía que poida exixir Portos de Galicia o aboamento das cantidades endebedadas antes de ditar resolución implicará o arquivo do expediente no que atinxe a este motivo concreto de caducidade.

O órgano competente para a resolución do expediente é o presidente da entidade pública Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo cuarto da Orde do 30 de marzo de 2012 da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2012

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor