Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución, que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento, ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.
Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas os titulares dos expedientes respecto dos cales se acordou esta suspensión, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Os expedientes están ao dispor dos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Nº expediente |
Nome/razón social |
Programa de axudas |
Data resolución |
Órgano que dita |
Notificación |
AF008.2001.1.381 |
Red Industrial de Ferrallas Colaboradoras Ferrosnet, S.L. |
Axudas a proxectos empresariais de investimento (Resolución do 11 de marzo de 2005, DOG núm. 58, do 28 de marzo) |
4.7.2012 |
Director xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos |
AF010.2001.1.37 |
Peritus Milenium, S.L. |
Apoios financeiros sobre o investimento e gastos de implantación do proxecto emprendedor (Resolución do 13 de xullo de 2001, DOG núm. 142, do 23 de xullo) |
4.7.2012 |
Director xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos |
AF010.2008.1.93 |
Extracel Industria de Papel, S.A. |
Proxectos de investimento empresarial superior a 500.000 € (Resolución do 12 de marzo de 2008, DOG núm. 55, do 18 de marzo) |
12.7.2012 |
Director xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total |
IG110.2011.1.645 |
Voga Desarrollo, S.L. |
Liña participación en eventos expositivos e promocionais internacionais realizados fóra de Galicia (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro) |
6.9.2012 |
Director xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total |
IG113.2007.1.6 |
Management & Commissioning, S.L. |
Proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto (Resolución do 9 de marzo de 2007, DOG núm. 59, do 23 de marzo) |
27.9.2012 |
Director xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total |
IG113.2007.1.7 |
Management & Commissioning, S.L. |
Proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto (Resolución do 9 de marzo de 2007, DOG núm. 59, do 23 de marzo) |
27.9.2012 |
Director xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total |
IG128.2010.2.12 |
Frutas Rías Baixas, S.L. |
Axudas a diagnósticos integrais de situación e elaboración e implantacións de plans estratéxicos cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 21 de maio de 2010, DOG núm. 100, do 28 de maio) |
24.7.2012 |
Director xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos |
L1/05.0097.8937.N.54008937 |
Obras y Construcciones Dios, S.A. |
Convenio leasing (Resolución do 27 de xaneiro de 2004, DOG núm. 20, do 30 de xaneiro) |
24.5.2012 |
Director xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total |