Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2012 pola que se comunica á empresa Canteras de Vilanova, S.L. o arquivo do expediente LU/0300/P05, relativo a unha axuda de incentivos económicos rexionais.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento da empresa Canteras de Vilanova, S.L., titular do expediente LU/0300/P05, relativo a axudas de incentivos económicos rexionais (Orde ministerial do 14 de novembro de 2006) que con data do 28 de xuño de 2012, a Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, resolveu considerar que o interesado desistiu da súa petición de cobramento da subvención concedida e proceder ao arquivo do expediente de pagamento iniciado.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. A resolución de arquivo esgota a vía administrativa e, contra ela, poderá interpoñer recurso de alzada ante o ministro de Facenda e Administracións Públicas no prazo máximo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica