Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012 pola que se fai pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do proxecto sectorial do parque empresarial da Ponte do Porto, no concello de Camariñas.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, faise pública a aprobación definitiva mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de setembro de 2012, do proxecto sectorial do parque empresarial da Ponte do Porto, no concello de Camariñas, sometido a información pública mediante Anuncio do 14.10.2011 (DOG nº 211, do 4 de novembro).

Así mesmo, en virtude do artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de marzo, de ordenación do territorio de Galicia (modificado pola Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia) fanse públicas as disposicións normativas do proxecto sectorial do parque empresarial da Ponte do Porto, no concello de Camariñas, para a súa entrada en vigor:

«Ordenanzas reguladoras:

1. Xeneralidades e terminoloxía de conceptos.

Artigo 1. Ámbito de aplicación.

Artigo 2. Vixencia e modificacións.

Artigo 3. Sistema de actuación.

Artigo 4. Definicións xerais.

2. Réxime urbanístico do solo.

Artigo 5. Cualificación do solo do proxecto sectorial.

3. Condicións de parcelación.

Artigo 6. Agrupación de parcelas.

Artigo 7. Segregación de parcelas e divisións horizontais.

4. Desenvolvemento e execución do proxecto sectorial.

Artigo 8. Estudos de detalle.

Artigo 9. Proxectos de urbanización.

5. Condicións e criterios para a redacción dos proxectos de urbanización.

Artigo 10. Rede viaria.

Artigo 11. Saneamento.

Artigo 12. Abastecemento de auga.

Artigo 13. Electricidade.

Artigo 14. Gas.

6. Normas de edificación.

6.1. Condicións da edificación.

Artigo 15. Licenzas.

Artigo 16. Normativa xeral.

6.2. Condicións relativas á edificabilidade.

Artigo 17. Elementos computables.

Artigo 18. Elementos excluídos.

6.3. Condicións técnicas das obras en relación coas vías públicas.

Artigo 19. Acceso a parcelas.

Artigo 20. Niveis de edificación e ramplas.

Artigo 21. Uso das vías públicas.

6.4. Condicións hixiénicas e de seguridade.

Artigo 22. Emisións gasosas.

Artigo 23. Augas residuais.

Artigo 24. Ruídos.

Artigo 25. Instalacións de protección contra incendios.

Artigo 26. Aplicación xeral de normas hixiénicas e seguranza.

6.5. Condicións estéticas.

Artigo 27. Xeneralidades.

7. Condicións de uso.

Artigo 28. Usos permitidos, tolerados e prohibidos.

Artigo 29. Regulación do uso industrial.

Artigo 30. Regulación dos usos de garaxe-aparcadoiro e servizos do automóbil.

Artigo 31. Regulación do uso de oficinas.

Artigo 32. Regulación do uso comercial.

Artigo 33. Regulación do uso residencial.

Artigo 34. Regulación do uso de equipamento comunitario.

8. Normas particulares de cada zona.

Artigo 35. Sistema viario.

Artigo 36. Zonas verdes e espazos libres.

Artigo 37. Equipamentos.

Artigo 38. Industrial.

Artigo 39. Terciario.

Artigo 40. Infraestruturas.

Artigo 41. Aplicación xeral das normas de cada zona.

1. Xeneralidades e terminoloxía de conceptos.

Artigo 1. Ámbito de aplicación

O presente documento constitúe a parte normativa do proxecto sectorial do parque empresarial da Ponte do Porto-Terra de Soneira, Camariñas (A Coruña).

Esta normativa determina o réxime xurídico correspondente á totalidade do solo comprendido no ámbito do proxecto sectorial; regula o seu uso e todas as actuacións urbanísticas que se proxecten ou realicen, tanto públicas como privadas.

Artigo 2. Vixencia e modificacións

A vixencia do proxecto sectorial será indefinida. Entrará en vigor o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de aprobación definitiva por parte do Consello da Xunta.

A súa modificación poderase realizar en calquera momento, seguindo o procedemento establecido nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Artigo 3. Sistema de actuación

Establécese como sistema de actuación o de compensación.

Artigo 4. Definicións xerais

Polo que se refire á terminoloxía de conceptos, establécense a seguir as seguintes definicións:

Couzada: é o conxunto de parcelas que, sen solución de continuidade, quedan comprendidas entre vías, espazos libres públicos determinados no proxecto sectorial e/ou límites dos terreos do proxecto.

Parcela edificable e parcela mínima: parcela edificable é a superficie comprendida entre lindeiros e con fronte a unha vía de acceso, sobre a cal se pode edificar. Parcela mínima é a superficie mínima de parcela edificable, establecida pola súa correspondente ordenanza.

Lindeiros: son as liñas perimetrais que delimitan parcelas e separan unhas doutras. Con respecto á súa posición, os lindeiros clasifícanse en:

– Lindeiro frontal: o que delimita a parcela coa vía pública de acceso.

– Lindeiro posterior: o que separa a parcela pola súa banda oposta á frontal.

– Linderos laterais: os restantes lindeiros distintos do frontal e posterior.

Rasante: é a liña que determina a inclinación dun terreo ou pavimento respecto do plano horizontal. Distínguense dous tipos de rasante:

a) Rasante de calzadas e beirarrúas: é o perfil lonxitudinal da vía segundo o proxecto de urbanización e proxecto sectorial.

b) Rasante do terreo: é o que corresponde ao perfil do terreo natural (cando non experimentase ningunha transformación) ou artificial (despois de obras de explanación, desmonte ou recheo que supoñan unha alteración da rasante natural).

Soto: é a planta de edificación na cal a cara inferior da placa que constitúe o seu teito está en todos os seus puntos por baixo da rasante para o proxecto ou como máximo a 0,50 m sobre a dita rasante.

Semisoto: é a planta de edificación que ten parte da súa altura por baixo da rasante para o proxecto e que ten o paramento inferior da placa que lle serve de teito a unha altura igual ou inferior a 1,5 m en calquera punto sobre a rasante para o proxecto.

Recuamento: é a distancia comprendida entre os lindeiros da parcela e as liñas de fachada da edificación. O valor do recuamento, sexa frontal, lateral ou posterior medirase perpendicularmente ao lindeiro de referencia, en todos os seus puntos.

Liña de fachada ou de edificación: é a que delimita a superficie de ocupación da parcela tras o recuamento da vía pública e dos demais lindeiros.

Superficie ocupada: é a proxección vertical da edificación sobre o terreo. Para o conxunto da superficie ocupada non se terán en conta os beirís e marquesiñas.

Coeficiente de ocupación: é a porcentaxe que representa a superficie ocupada con relación á superficie de parcela.

Superficie máxima edificable: é a superficie total, suma das plantas que integran a edificación, que pode realizarse sobre unha parcela, resultante de aplicar o índice de edificabilidade que teña asignado á superficie total da parcela.

Altura da edificación: é a comprendida entre a rasante da rúa a que dea fronte a edificación, medida no seu punto medio, e o intradorso da placa de cuberta ou tirante da nave, segundo o caso de que se trate. En ningún caso nos extremos da edificación se poderá superar a altura de ± 1,5 m con respecto á medida no punto medio da rúa. De ser así, deberá edificarse en distintos niveis.

Altura de planta: é a comprendida en cada planta entre caras superiores de placa ou entre o nivel do piso e o tirante de nave, segundo os casos.

Altura libre de planta: é a comprendida entre a cara superior e inferior de dúas placas consecutivas. Cando se trate de naves, a altura de planta e a altura libre de planta consideraranse equivalentes.

Volume edificable: é a suma dos volumes edificables correspondentes a cada planta, obtidos ao multiplicar as superficies construídas polas alturas de cada planta. Expresarase en m3.

Edificabilidade de parcela: é o coeficiente resultante de dividir en cada parcela a superficie edificable pola súa superficie. Expresarase en m2/m2.

2. Réxime urbanístico do solo.

Artigo 5. Cualificación do solo

O proxecto sectorial realiza a cualificación do solo dentro do seu ámbito distinguindo:

a) Solo de uso público:

– Zonas verdes e espazos libres.

– Sistema viario.

– Equipamentos.

b) Solo de uso privado:

– Industrial.

– Terciario.

– Infraestruturas.

– Zonas verdes e espazos libres.

As condicións de edificación en cada un destes tipos de solo están reguladas por unha ordenanza específica.

3. Condicións de parcelación.

Artigo 6. Agrupación de parcelas

Permítese agrupar parcelas para formar outras de maiores dimensións.

Artigo 7. Segregación de parcelas e divisións horizontais

Poderanse dividir parcelas para formar outras de menor tamaño, para o que deberán cumprir os seguintes requisitos:

• A fronte mínima de parcela á vía pública será de 15 m.

• A parcela mínima establécese en 500 m2.

• As parcelas resultantes manterán no seu conxunto as condicións de edificabilidade da parcela orixinal.

• Resolverase adecuadamente a dotación de todos os servizos necesarios para cada unha das parcelas resultantes.

• Se con motivo da división for preciso realizar obras de urbanización, estas executaranse con cargo ao titular da parcela orixinaria.

• A nova parcelación será obxecto de licenza municipal.

Poderanse realizar divisións horizontais, que deben axustarse ás seguintes condicións:

• A superficie mínima por módulo independente será de 300 m2 medidos en proxección horizontal de planta baixa.

• A superficie libre de parcela constituirá un pro indiviso.

• As distintas unidades contarán con acceso independente (público ou privado).

• Deberán especificarse no proxecto e sinalizarse na obra as prazas de aparcadoiro exixidas pola ordenanza.

• As conexións de servizo serán únicas para cada parcela, sen prexuízo da exixencia de contadores individuais de consumo de auga.

• A solución arquitectónica do conxunto debe ser unitaria.

• En ningún caso para a realización dun proxecto de división horizontal se poderán variar os recuamentos mínimos establecidos na ordenanza correspondente.

• Sempre que se realice unha división horizontal e pertenzan os diferentes módulos a máis dun propietario, deberá constituírse unha comunidade de propietarios da parcela dividida.

• O espazo libre resultado de aplicar os recuamentos, así como as condicións de volume reguladas pola ordenanza correspondente, poderá destinarse a aparcadoiros, viario ou zonas axardinadas, ao servizo do conxunto da parcela. En ningún caso poderán destinarse a almacenamento ou calquera outro uso distinto dos sinalados con anterioridade, fóra da instalación de infraestruturas comúns á parcela (transformador, telecomunicacións etc).

4. Desenvolvemento e execución do proxecto sectorial.

Artigo 8. Estudos de detalle

As determinacións do presente proxecto sectorial poderanse completar ou adaptar a través dos correspondentes estudos de detalle, que terán por obxecto:

• Reaxustar e adaptar aliñacións e rasantes sinaladas no proxecto sectorial.

• Ordenar volumes e completar, se for o caso, a rede de comunicacións definida no proxecto sectorial con aquelas vías interiores que resulten necesarias para proporcionar acceso aos edificios cuxa ordenación concreta se estableza no propio estudo de detalle.

En calquera caso, os estudos de detalle axustaranse á Lei 9/2002 (artigo 73).

Artigo 9. Proxectos de urbanización

Os proxectos de urbanización desenvolveranse de acordo ao artigo 110 da Lei 9/2002, e estarán constituídos polos documentos requiridos pola citada lei e o Regulamento de planeamento (capítulo VII), así como polo que derive do cumprimento das condicións impostas polo proxecto sectorial.

O proxecto de urbanización terá en conta os seguintes aspectos:

• Os traballos que puideren prexudicar a fauna na súa época de cría faranse fóra do devandito período. No caso de imposibilidade de evitar esa época, iniciaranse antes do comezo do período máis sensible, evitando así que a afección se produza sobre animais en reprodución.

• Realización dun recoñecemento previo da zona realizado por persoal cualificado, con obxecto de detectar a posible presenza de poboacións ou individuos de taxons protexidos.

Na fase de obra:

• Delimitarase correctamente o terreo que ocupen os labores do proxecto, co fin de diminuír a perda innecesaria e a alteración de formacións vexetais polo tráfico de maquinaria.

• Non se permitirá que as formigoneiras se desfagan do sobrante de formigón nin que limpen o contido das cubas nin as ferramentas nas proximidades de correntes de auga, por moi pequenas que estas sexan.

• En relación cos movementos de terra, terase especial coidado de que non cheguen materiais ás correntes de auga, por pequenas que estas sexan.

• Nos períodos de seca procederase á humectación e/ou rega de materiais pulverulentos; así mesmo, os camións irán equipados con lonas ou toldos durante o transporte de materiais.

• Implantaranse balsas de decantación, que se deberán controlar e xestionar para un correcto funcionamento, co fin de evitar contaminación das augas por arrastre de materiais.

• Establecerase un cronograma de actuacións para minimizar as afeccións da construción do polígono.

Na fase de uso:

• As empresas e responsables de actividades susceptibles de causaren procesos contaminantes deberán contar con plans e medios axustados de intervención inmediata para os casos de emerxencia.

• En todo momento as augas susceptibles de seren afectadas polas obras cumprirán o preceptuado no artigo 80 do Decreto 13/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais sobre calidade mínima exixible ás augas continentais.

• Os residuos xerados recolleranse e xestionaranse conforme a súa natureza, primando a reciclaxe fronte á vertedura.

5. Condicións e criterios para a redacción dos proxectos de urbanización.

Artigo 10. Rede viaria

A) Para o dimensionamento da rede viaria considéranse os seguintes cocientes:

• 1,6 camións/día para cada 1.000 m2 de superficie de parcela.

• 6 turismos/día para cada 1.000 m2 de superficie de parcela.

B) As calzadas realizaranse con pisos flexibles; os bordos serán de formigón, preferentemente achafranados para permitir a máxima liberdade de acceso ás parcelas; as beirarrúas serán de formigón regrado ou roleteado.

As vías axardinaranse mediante a intercalación de arboredo entre as prazas de aparcadoiro. Por norma xeral, colocarase un elemento vexetal de porte arbóreo cada catro prazas de aparcadoiro. As especies utilizadas na revexetación detállanse no estudo de impacto e integración paisaxística.

Crearase unha vía peonil paralela ao regato Cuncheiro e acondicionarase o actual carreiro que linda co sector polo oeste, como unha vía peonil e carril bici.

As rotondas revexetaranse con especies vexetais autóctonas. As especies utilizadas na revexetación detállanse na ordenanza 1.

Artigo 11. Saneamento

As condicións mínimas exixibles para o proxecto da rede de saneamento serán:

• A rede será de tipo separativo (rede de pluviais e de residuais).

• Velocidade de circulación da auga de 1 a 5 m/s.

• Os diámetros das tubaxes estarán comprendidos entre 30 e 80 cm; serán de PVC sanitario.

• A distancia máxima entre pozos de rexistro será de 50 m.

• A profundidade mínima da rede será de 1,50 m.

• As conducións irán baixo zona de servizo ou beirarrúas.

• As pluviais poderanse situar baixo a calzada.

Artigo 12. Abastecemento de auga

As condicións mínimas exixibles para o proxecto da rede de abastecemento de auga serán:

• Tubaxes con diámetro mínimo de 100 mm.

• Presión mínima de traballo das tubaxes: 10 atmosferas.

• As tubaxes irán baixo beirarrúas ou zona de servizos.

• Disporanse puntos de toma en todas as parcelas.

• A dotación de auga será como mínimo 0,5 l/s por hectárea de parcela (caudal continuo), con punta de 2,4.

• Na rede de distribución disporanse bocas de rega e hidrantes segundo a normativa municipal.

Artigo 13. Electricidade

a) Rede de enerxía eléctrica.

As condicións mínimas exixibles para a redacción do proxecto das redes de distribución de enerxía eléctrica serán as seguintes:

O consumo mínimo que se considerará para a previsión da demanda de potencia en función da superficie bruta será de 15 W/m2.

Sobre estes consumos poderán aplicarse os coeficientes de simultaneidade regulamentarios.

As redes de media tensión realizaranse en montaxe subterránea con condutores aloxados en tubo de polipropileno enterrado.

As redes de baixa tensión (220/380 V) realizaranse en montaxe subterránea con condutores aloxados en tubo de polipropileno enterrado.

Os centros de transformación aloxaranse en casetas modulares prefabricadas en montaxe sobre superficie, con entradas e saídas de condutores en forma subterránea.

A tensión en MT será a utilizada pola compañía subministradora na zona e en baixa tensión a de 220/380 V.

Os materiais que se utilicen en todas as instalacións e as súas condicións de montaxe serán os normalizados pola compañía subministradora.

Todas as instalacións cumprirán co prescrito nos seguintes regulamentos:

• Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas instrucións complementarias.

• Regulamento técnico de liñas de alta tensión.

• Regulamento sobre centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación.

b) Iluminación pública.

As condicións exixibles para a redacción do proxecto da instalación de iluminación pública serán as seguintes:

Cumprirá coas prescricións establecidas no Regulamento electrotécnico para baixa tensión e en particular coa Instrución MI-BT 009.

A rede de distribución realizarase con condutores 0,6/1 kV tipo RV de cobre, aloxados en tubaxe de dobre parede de polietileno de alta densidade con grao de dureza 9, en montaxe subterránea a unha profundidade mínima de 0,50 m.

O sistema de distribución será trifásico con neutro a tensión de 220/380 V.

Todos os farois do parque industrial serán homoxéneas e de cores coherentes e similares aos empregados nas edificacións. Os materiais utilizados deberán ser resistentes aos axentes atmosféricos.

Os farois utilizados para iluminar as vías non superarán en ningún caso os 7,5 m de altura.

Todos os farois do parque empresarial empregarán lámpadas de baixo consumo.

Utilizaranse farois que dirixan o feixe de luz cara abaixo e estarán orientadas cara ás beirarrúas e a calzada.

A localización dos puntos de luz realizarase de forma regular e tendo en conta o arboredo das vías e o acceso ás parcelas, co obxectivo de que non supoñan ningún obstáculo para peóns ou vehículos.

Quedan prohibidos os carteis ou sinais publicitarios luminosos, é dicir, que emitan luz.

Para iluminar puntos concretos non edificables no interior de parcela utilizaranse farois ou focos similares e coherentes cos existentes nos viarios. Orientarán o feixe de luz cara abaixo e o elemento que se necesite iluminar. En ningún caso a altura dos devanditos farois poderá superar a da edificación.

Para a iluminación de carteis publicitarios propios das actividades industriais utilizaranse focos que orienten o feixe de luz cara abaixo e de menor intensidade. O material destes deberá ser coherente co utilizado nos farois que iluminen as vías.

Os puntos de luz situaranse nas beirarrúas, o máis afastados que sexa posible do bordo exterior. A súa distribución será unilateral e pareada segundo o largo da vía.

O centro de mando será automático accionado por fotocélula e disporá das regulamentarias proteccións contra sobrecargas, curtocircuítos e contactos indirectos.

Os parámetros para os cálculos luminotécnicos serán os seguintes:

• Nivel medio de iluminación comprendido entre 20 e 25 lux en servizo.

• A uniformidade media e extrema superiores a 0,5 e 0,25.

• O grao de cegamento «G» igual ou superior a 5.

Artigo 14. Gas

As conducións e as súas instalacións serán subterráneas.

O deseño e cálculo da rede e as súas instalacións complementarias realizarase de acordo co establecido no Regulamento de redes e conexións de servizo de combustibles gasosos (OM do 18 de novembro de 1974) e instrucións complementarias.

6. Normas da edificación.

6.1. Condicións da edificación.

Artigo 15. Licenzas

Estarán suxeitos a licenza previa todos os actos previstos no artigo 10 do Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia (Decreto 28/1999, do 24 de xaneiro) e 194 da Lei 9/2002.

O Concello fixará un aval que garanta a reparación dos danos que se puideren ocasionar durante a realización das obras na parcela e que sexan imputables aos beneficiarios dela. Retornarase en todo, en parte, ou exixiranse cantidades económicas complementarias, se os danos foren maiores, como condición imprescindible antes de autorizarse a licenza de apertura.

Artigo 16. Normativa xeral

O límite da parcela na súa fronte e nas liñas medianís obxecto de recuamentos materializarase cun cerramento tipo que se fixe para o polígono ou, se for ocaso, resolverase respectando un deseño adecuado que deberá someterse á aprobación municipal. En ningún caso superará os 2,0 m de altura, medidos desde a rasante da beirarrúa ou terreo natural, dos cales como máximo 0,5 m serán opacos. En terreos en pendente o cerramento farase en chanzos, de tal forma que no punto máis desfavorable a altura non exceda en un cuarto a máxima permitida.

No caso de edificios independentes dentro dunha parcela, a separación mínima entre eles será de 6 m.

Os bloques representativos deberán situarse xunto á vía de acceso á parcela, coa súa fachada principal dentro da liña de fachada establecida polos respectivos recuamentos.

Permítense patios abertos ou pechados. A dimensión mínima destes patios fíxase coa condición de que en planta se poida inscribir un círculo de diámetro igual á altura da máis alta das edificacións, se estas teñen locais habitables, ou á metade do diámetro se os ocos que dan ao patio pertencen a zonas de pasaxe a almacéns.

Permítense semisotos cando se xustifiquen debidamente, de acordo coas necesidades da empresa. Poderanse dedicar a locais de traballo cando os ocos de ventilación teñan unha superficie non menor a un oictavo da superficie útil do local.

Permítense sotos cando se xustifiquen debidamente. Queda prohibido utilizar os sotos como locais de traballo.

No conxunto da superficie de ocupación en planta non se terá en conta a proxección horizontal dos beirís, marquesiñas nin corpos voados.

A superficie construída en semisoto e sotos será computable para os efectos de superficie edificada, excepto no caso dos sotos se se destinan a aparcadoiros e/ou instalacións necesarias para o funcionamento da actividade. Neste último caso, o local correspondente cumprirá, ademais, as prescricións que en materia de garaxes e aparcadoiros establezan as ordenanzas da localidade.

Queda prohibida a localización de carteis ou paneis publicitarios que non teñan unha vinculación directa co propio parque empresarial.

Os sinais de identificación das actividades situadas no parque empresarial serán homoxéneas. Colocaranse na fachada principal ou nos cerramentos da parcela. As cores serán coherentes coas das edificacións (especificados nas condicións de estética).

En ningún caso o tamaño dos carteis excederá en altura por cima da liña de peitoril da fachada principal ou da liña de peche, se for o caso.

No caso de colocar monólitos de identificación, estes nunca deberán superar os 3,5 m de altura, debendo situarse de maneira obrigatoria no interior da parcela.

6.2. Condicións relativas á edificabilidade.

Con base nas características da ordenación, tipoloxía edificatoria prevista, e aos efectos de cálculo da edificabilidade resultante, establécense as seguintes condicións:

Artigo 17. Elementos computables

Quedan incluídos no conxunto da edificabilidade:

a) A superficie construída (cuberta e pechada) de todas as plantas do edificio con independencia do uso a que se destinen.

b) As terrazas, balcóns ou corpos voados que dispoñan de cerramentos.

c) As construcións secundarias sobre espazos libres de parcela sempre que da disposición do seu cerramento e dos materiais e sistemas de construción empregados poida deducirse que se consolida un volume pechado e de carácter permanente.

Artigo 18. Elementos excluídos

Quedan excluídos do conxunto da edificabilidade:

a) Os patios interiores non cubertos, aínda que sexan pechados.

b) Os soportais e plantas diáfanas porticadas, que en ningún caso poderán ser obxecto de cerramento posterior que supoña exceder a superficie total edificable.

c) Os equipamentos de proceso de fabricación exteriores ás naves, tales como bombas, tanques, torres de refrixeración, chemineas etc.

d) Os elementos ornamentais de remate de cuberta e os que correspondan a escaleiras, aparellos elevadores ou elementos propios das instalacións do edificio (tanques de almacenamento, acondicionadores, torres de procesos, paneis de captación de enerxía solar, chemineas etc.) que terán unha altura libre de acordo coa súa función e deseño.

6.3. Condicións técnicas das obras en relación coas vías públicas.

Artigo 19. Acceso a parcelas

O largo de cada acceso non será menor de 5,00 m.

O beneficiario da parcela quedará obrigado a reparar os danos debidos á construción de accesos cando estes corran pola súa conta.

Artigo 20. Niveis de edificación e ramplas

En cada plano perpendicular ao lindeiro frontal as rasantes deberán quedar comprendidas entre as rectas que con pendentes do 15 % teñen a súa orixe naquel lindeiro a nivel de beirarrúa.

Cando polo desnivel do terreo sexa necesario establecer ramplas de acceso no interior de parcela, estas terán unha pendente máxima do 10 %.

Antes da súa conexión á vía pública disporase un tramo con lonxitude non inferior a 5,00 m contados a partir do lindeiro frontal da vía pública en dirección ao interior da parcela, cunha pendente inferior ao 2 %.

Artigo 21. Uso das vías públicas

Prohíbese empregar as vías públicas como depósito de materiais, instalación de maquinaria de elevación ou para a elaboración de formigóns e masas das obras que se realicen no interior das parcelas.

O beneficiario será o responsable dos danos que ocasionen na vía pública como consecuencia das obras citadas e responderá coa fianza depositada.

6.4. Condicións hixiénicas e de seguridade.

Artigo 22. Emisións gasosas

As emisións gasosas das industrias que se instalen axustaranse aos valores máximos admitidos pola lexislación e normativa vixente:

Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, Decreto 100/2011, do 28 de xaneiro, polo que se actualiza o catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera e se establecen as disposicións básicas para a súa aplicación e Real decreto 102/2011, do 28 de febreiro, relativo á mellora da calidade do aire.

Artigo 23. Augas residuais e pluviais

– Augas residuais.

As augas residuais terán un tratamento exhaustivo previo en cada industria antes da súa vertedura á rede xeral, segundo a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e o Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do servizo público de saneamento e depuración de augas residuais. Para iso teranse en conta as seguintes condicións:

Ningunha persoa física ou xurídica descargará ou depositará ou permitirá que se descargue ou deposite no sistema de saneamento calquera auga residual que conteña:

1) Aceites e graxas: concentracións ou cantidades de sebos, ceras, graxas e aceites totais que superen os índices de calidade dos efluentes industriais, sexan emulsións ou non, ou que conteñan substancias que poidan solidificarse ou volverse viscosas a temperaturas entre 0 ºC e 40 ºC no punto de descarga.

2) Mesturas explosivas: líquidos, sólidos ou gases que pola súa natureza e cantidade sexan ou poidan ser suficientes, por si sós ou por interacción con outras substancias, para provocar lumes ou explosións ou ser prexudiciais de calquera outra forma para as instalacións da rede de sumidoiros ou o funcionamento dos sistemas de depuración. En ningún momento dúas medidas sucesivas efectuadas cun explosímetro no punto de descarga á rede de sumidoiros deberán ser superiores ao 5 % do límite inferior de explosividade.

Os materiais prohibidos inclúen, en relación non exhaustiva, gasolina, queroseno, nafta, benceno, tolueno, xileno, éteres, alcois, cetonas, aldehidos, peróxidos, cloratos, percloratos, bromatos, carburos, hidruros e sulfuros.

3) Materiais nocivos: sólidos, líquidos ou gases cheirentos ou nocivos que, por si sós ou por interacción con outros refugallos, sexan capaces de crear unha molestia pública ou perigo para a vida, ou que sexan ou poidan ser suficientes para impedir a entrada nun sumidoiro para o seu mantemento ou reparación.

4) Refugallos sólidos ou viscosos: refugallos sólidos ou viscosos que provoquen ou poidan provocar obstrucións no fluxo dos sumidoiros e interferir de calquera outra forma co adecuado funcionamento do sistema de depuración. Os materiais prohibidos inclúen, en relación non exhaustiva, lixo non triturado, tripas ou tecidos animais, xurro ou sucidades intestinais, ósos, pelos, peles ou carnazas, entrañas, plumas, cinza, escouras, areas, cal gastado, pos de pedra ou mármore, metais, vidro, palla, labras, recortes de céspede, trapos, grans gastados, lúpulo gastado, refugallos de papel, madeiras, plásticos, alcatrán, pinturas, residuos do procesamento de combustibles ou aceites lubricantes e substancias similares.

5) Substancias tóxicas inespecíficas: calquera substancia tóxica en cantidades non permitidas por outras normativas ou leis aplicables, compostos químicos ou substancias capaces de producir cheiros indesexables, ou toda substancia que non sexa susceptible de tratamento ou que poida interferir nos procesos biolóxicos ou na eficiencia do sistema de tratamento ou que pase a través do sistema.

6) Materiais corados: materiais con coloracións obxeccionables, non eliminables co proceso de tratamento empregado.

7) Materiais quentes: a temperatura global da vertedura non superará os 40 ºC.

8) Refugallos corrosivos: calquera refugallo que provoque corrosión ou deterioración na rede de sumidoiros ou no sistema de depuración. Todos os refugallos que se descarguen á rede de sumidoiros deben ter un valor do índice de pH comprendido no intervalo de 6 a 8 unidades. Os materiais prohibidos inclúen, en relación non exhaustiva, ácidos, bases, sulfuros, sulfatos, cloruros e fluocloruros concentrados e substancias que reaccionen coa auga para formar produtos ácidos.

9) Gases ou vapores: o contido en gases ou vapores nocivos ou tóxicos debe limitarse na atmosfera de todos os puntos da rede onde traballe ou poida traballar o persoal de saneamento.

Para os gases máis frecuentes, as concentracións máximas permisibles na atmosfera de traballo serán:

• Dióxidos de xofre: 5 partes por millón.

• Monóxido de carbono: 100 partes por millón.

• Cloro: 1 parte por millón.

• Sulfuro de hidróxeno: 5 partes por millón.

• Cianuro de hidróxeno: 2 partes por millón.

Para tal fin, limitarase nas verteduras o contido en substancias potencialmente produtoras de gases ou vapores de valores tales que impidan que nos puntos próximos ao de descarga da vertedura onde poida traballar o persoal se excedan as concentracións máximas admisibles.

10) Índices de calidade: as verteduras de augas residuais á rede de sumidoiros non deberán exceder as seguintes concentracións máximas que se relacionan:

Límites da contaminación das verteduras á rede de sumidoiros

Táboa I

Límites superiores de características ou concentración de contaminantes.

Parámetro

Concentración media diaria
máxima

Concentración instantánea
máxima

pH

5,5-,00

5,5-9,00

Sólido en suspensión (mg/l)

350

700

Sólido grosos

Ausentes

20,00

DBO5 (mg/l)

300

700

DQO (mg/l)

1.00,00

1.500,00

Temperatura °C

30

40

Condutividade eléctrica a 25 °C (us/cm)

2.000

3.000

Cor

Inapreciable nunha dilución de 1/40

Inapreciable nunha dilución de 1/40

Aluminio (mg/l)

10,00

20,00

Arsénico (mg/l)

1,00

1,00

Bario (mg/l)

20,00

20,00

Boro ( mg/l)

3,00

3,00

Cadmio (mg/l)

0,50

0,50

Cromo III (mg/l)

2,00

2,00

Ferro (mg/l)

5,00

10,00

Manganeso (mg/l)

5,00

10,00

Níquel (mg/l)

5,00

10,00

Mercurio (mg/l)

0,10

0,10

Chumbo (mg/l)

1,00

1,00

Selenio

0,50

1,00

Estaño (mg/l)

5,00

10,00

Cobre (mg/l)

1,00

3,00

Zinc (mg/l)

5,00

10,00

Cianuros (mg/l)

0,50

5,00

Cloruros (mg/l)

1.500,00

1.500,00

Sulfuros (mg/l)

2,00

5,00

Sulfito (mg/l)

2,00

2,00

Sulfatos (mg/l)

1.000,00

1.000,00

Fluoruros (mg/l)

12,00

15,00

Fósforo total (mg/l)

15,00

50,00

Nitróxeno amoniacal

25,00

85,00

Nitróxeno nítrico (mg/l)

20,00

65,00

Aceites e graxas (mg/l)

80,00

100,00

Fenois totais (mg/l)

2,00

2,00

Aldehidos (mg/l)

2,00

2,00

Deterxentes biodegradables (mg/l)

6,00

6,00

Pesticidas (mg/l)

0,10

0,50

Toxicidade (U.T.)

15,00

30,00

Táboa II

Límites superiores de concentracións admisibles de gases ou vapores na rede de sumidoiros.

Amoníaco

100 p.p.m.

Bromo

1 p.p.m.

Monóxido de carbono

100 p.p.m.

Cloro libre residual

1 p.p.m.

Ácido cianhídrico

10 p.p.m.

Ácido sulfuroso

10 p.p.m.

Ácido sulfídrico

20 p.p.m.

Anhídrido carbónico

5.000 p.p.m.

Concentracións máximas instantáneas permitidas para as infiltracións e inxeccións ao subsolo, unha vez realizado o tratamento oportuno.

Parámetro

Concentración instantánea máxima

Parámetro

Concentración instantánea máxima

pH

6-9

DQO (mg/l)

100

Temperatura (°C)

25

Nitróxeno amoniacal (mg/l)

5

Sólido en suspensión (mg/l)

50

Fósforo total (mg/l)

10

DBO5 (mg/l)

25

Aceites e graxas (mg/l)

1

Fenois (mg/l)

0,1

Níquel (mg/l)

2

Cianuros (mg/l)

0,5

Estaño (mg/l)

2

Ferro (mg/l)

5

Selenio (mg/l)

0,5

Cobre (mg/l)

2

Chumbo (mg/l)

0,5

Cinc (mg/l)

5

Antimonio (mg/l)

0,1

Manganeso (mg/l)

1

Mercurio (mg/l)

0,01

Cadmio (mg/l)

0,1

Arsénico (mg/l)

0,5

Cromo (VI) (mg/l)

0,5

A disolución de calquera vertedura de augas residuais practicada coa finalidade de satisfacer estas limitacións será considerada unha infracción desta ordenanza, salvo en casos declarados de emerxencia ou perigo.

11) Refugallos radioactivos: refugallos radioactivos ou isótopos de tal vida media ou concentración que non cumpran cos regulamentos ou ordes emitidas pola autoridade pertinente da cal dependa o control sobre o seu uso, que provoquen ou poidan provocar danos ou perigos para as instalacións ou as persoas encargadas do seu funcionamento.

12) O DBO (demanda bioquímica de oxíxeno) en mg/l será inferior a 40 mg de oxíxeno disolto absorbido en 5 días a 18 ºC.

Os materiais en suspensión contidos nas augas residuais non excederán en peso 30 mg/l.

Calquera instalación industrial quedará sometida ás especificacións, controis e normas que se conteñen nas normas urbanísticas da localidade.

– Augas pluviais.

Para reducir a chegada de auga á rede xeral, todas as parcelas deberán contar cun sistema de recolla das augas pluviais a base dun depósito e pozo filtrante nas seguintes condicións:

• Parcelas con superficie inferior ou igual a 1.000 m2: depósito de 10 m3.

• Parcelas con superficie superior a 1.000 m2: depósito de 20 m3.

• O pozo filtrante terá unha profundidade mínima de 2,0 m e disporá dun aliviadoiro conectado á rede municipal de augas pluviais.

• Os depósitos situaranse no espazo axardinado obrigatorio que se situará na zona de recuamento frontal.

Artigo 24. Ruídos

Os niveis de ruídos das industrias axustaranse aos valores máximos admitidos pola lexislación e a normativa vixente.

• Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

• Real decreto 524/2006, do 28 de abril, polo que se modifica o Real decreto 212/2002, do 22 de febreiro, polo que se regulan as emisións sonoras no ambiente debidas a determinadas máquinas de uso ao aire libre.

• Real decreto 212/2002, do 22 de febreiro, polo que se regulan as emisións sonoras no ambiente debidas a determinadas máquinas de uso ao aire libre.

• Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental.

• Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas.

• Decreto 320/2002, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento que establece as ordenanzas tipo sobre protección contra a contaminación acústica.

• Decreto 150/1999, de protección contra a contaminación acústica (regulamento).

• Real decreto 1675/2008, do 17 de outubro, polo que se modifica o Real decreto 1371/2007, do 19 de outubro, polo que se aproba o documento básico «DB-HR protección fronte ao ruído» do Código técnico da edificación e se modifica o Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o CTE.

• Real decreto 1371/2007, do 19 de outubro, polo que se aproba o documento básico «DB-HR protección fronte ao ruído» do Código técnico da edificación e se modifica o Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código técnico da edificación.

• Real decreto 286/2006, do 10 de marzo, sobre protección da saúde e a seguranza dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao ruído.

• Orde do 16.12.1998. Instrumentos de medición de niveis de son audible. Control metrolóxico.

Artigo 25. Instalacións de protección contra incendios

Axustaranse ao disposto no Real decreto 2267/2004, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de seguranza contra incendios nos establecementos industriais, e o documento básico DB-SE do Código técnico da edificación, ademais das ordenanzas que na mesma materia especifique o concello e normativa concordante e complementaria sobre o mesmo tema.

Artigo 26. Aplicación xeral das normas hixiénicas e de seguranza

Ademais do preceptuado nas presentes ordenanzas reguladoras, os usuarios das industrias deberán aterse ao establecido nas normas e prescricións establecidas na lexislación vixente relativa ás condicións hixiénicas e de seguranza.

6.5. Condicións estéticas.

Artigo 27. Xeneralidades

Queda prohibido o falseamento dos materiais empregados, os cales se presentarán no seu verdadeiro valor.

Tanto as paredes medianís como os paramentos susceptibles de posterior ampliación deberán tratarse como unha fachada e deben ofrecer calidade de obra terminada.

Os rótulos empregados axustaranse ás normas dun correcto deseño canto a composición e cores utilizadas e realizaranse a base de materiais inalterables aos axentes atmosféricos. A empresa beneficiaria é a responsable –en todo momento– do seu bo estado de mantemento e conservación.

As edificacións quedarán obrigadas a que todos os seus paramentos de fachada teñan a mesma calidade de deseño e acabamento. Enténdese por paramentos de fachada os que dan fronte a calquera vía pública ou zona verde pública. Desta maneira será obrigatorio que todos os elementos que compoñen as ditas fachadas, incluídas carpintarías, portóns etc, presenten unha coloración homoxénea en todo o polígono, e para iso deben utilizarse cores similares ás seguintes:

R: 100, G: 100, B: 040.

R: 130, G: 140, B: 130.

R: 110, G: 140, B: 020.

R: 090, G: 135, B: 075.

As cubertas de todas as edificacións terán tonalidades verde escuro pouco saturadas, similares ás dúas primeiras da listaxe anterior.

Para os cerramentos de parcelas escolleranse tonalidades grises e marróns similares ás seguintes:

R: 180, G: 170, B: 170.

R: 155, G: 150, B: 160.

R: 200, G: 190, B: 200.

R: 180, G: 120, B: 090.

R: 115, G: 090, B: 080.

R: 210, G: 170, B: 150.

R: 100, G: 080, B: 060.

Os cerramentos de parcela e paramentos de fachada da mesma parcela manterán tonalidades cromáticas similares.

O deseño das fachadas das naves industriais con fronte á vía pública e zonas verdes públicas resolverá adecuadamente a ocultación da cuberta. Disporase dun peitoril suficiente que logre unha disposición rectangular da fachada e evite a visión do vértice da cuberta. En ningún caso se superará a altura de cumieira.

As cubertas das naves deberán ser, exceptuando casos xustificados, a dúas augas.

As construcións auxiliares e instalacións complementarias das industrias deberán ofrecer un nivel de acabamento digno e que non desmereza da estética do conxunto, para o que os devanditos elementos deberán tratarse con idéntico nivel de calidade que a edificación principal.

Os espazos libres de edificación deberán tratarse en todas as súas zonas de tal maneira que as que non queden pavimentadas se completen con elementos de xardinaría, decoración exterior etc., sempre concretando o seu uso específico. Na zona de recuamento frontal obrigatorio de todas as parcelas sinalado nos planos de ordenación (incluíndo como tal as que dan fronte á vía pública e a zonas verdes públicas) será obrigatorio axardinar unha superficie equivalente ao 50 % do devandito espazo. As especies vexetais serán acordes coas especificadas para os límites coa CP-1601, AC-432 e a fachada occidental.

As testas de naves e parcelas ás vías públicas deberán ter un tratamento adecuado canto a hixiene e estética, e será a propiedade quen garanta a súa limpeza e mantemento.

7. Condicións de uso.

Artigo 28. Usos permitidos, tolerados e prohibidos

O uso característico ou fundamental do proxecto sectorial é o industrial e permítense outros usos afíns ou complementarios a este tales como almacéns, talleres, garaxes, instalacións comerciais, oficinas e similares ligados á actividade industrial.

Tolérase, así mesmo, o uso de vivenda para vixilante nas condicións que se establecen.

Prohíbese calquera uso non incluído nos anteriores.

De acordo co anterior regúlanse os seguintes usos:

• Industrial.

• Garaxe-aparcadoiro.

• Oficinas.

• Comercial.

• Residencial.

• Equipamentos.

Esta clasificación non posúe carácter exhaustivo e non pode prever toda a ampla gama de actividades complexas. Nestes casos, así como naqueles en que se dea simultaneidade de usos, aplicaranse de forma razoable e combinada as especificacións relativas a cada clase de uso.

Artigo 29. Regulación do uso industrial

Definición: defínese como uso industrial para os efectos deste proxecto sectorial o correspondente aos establecementos dedicados a transformación de primeiras materias, mesmo elaboración, reparación, envasamento, transporte e distribución, así como as funcións que complementan a actividade industrial propiamente dita.

Clasificación: distínguense os seguintes grupos en función dos produtos que se obteñan, manipulen ou almacenen:

A) Construción: os establecementos relacionados cos materiais pétreos naturais ou artificiais, cerámicos, vidros, areas e conglomerantes.

B) Metal e electromecánicas: os establecementos relacionados coa manipulación e transformación de metais, elaboración de obxectos metálicos e compoñentes eléctricos e electrónicos.

C) Madeira: os establecementos cuxa materia principal sexa a madeira, pasta de madeira, pasta de papel, cartón etc.

D) Téxtiles e do vestido: os establecementos relacionados coa confección de roupa e complementos do vestido de todas as clases.

E) Alimentación: establecementos relacionados coa preparación, elaboración, manipulación, envasamento de todo tipo de produtos de alimentación tanto humana como animal.

F) Artes gráficas e de elaboración de papel e cartón: todos os establecementos relacionados coa edición, elaboración e reprodución en soportes gráficos, fotográficos, rótulos e similares. Inclúense as relacionadas coa comunicación audiovisual.

G) Plásticos e cauchos: establecementos relacionados coa manipulación e elaboración de obxectos con estas ou similares materias.

H) Instalacións de servizos relacionados coa enerxía eléctrica, augas, gas, calefacción, limpeza, residuos urbanos etc.

Todos estes grupos poderán establecerse nas seguintes categorías, que poderán ocupar todo ou parte dun edificio:

1º. Industria en si, entendendo por tal aquel edificio ou local dedicado á operación ou conxunto de operacións que se executan para a obtención ou transformación de primeiras materias, a súa transformación, envasamento etc.

2º. Almacén: espazo destinado maioritariamente á almacenaxe, garda, conservación e distribución de materias primas ou artigos manufacturados, podendo en menor medida efectuarse tamén a venda das devanditas mercadorías.

3º. Taller: local ou edificio destinado á reparación ou restauración de calquera produto manufacturado.

Condicións:

a) Cumpriranse as condicións hixiénicas e de seguranza reguladas nas presentes normas.

b) A superficie que ocupa unha industria vén fixada pola suma de superficies de todos os locais e espazos destinados a esta actividade. Computarase a superficie das oficinas e zonas de exposición e venda, que deberán ter acceso independente dos locais destinados a uso industrial.

c) Disporanse aseos independentes para os dous sexos, cun inodoro, un urinario, un lavabo e unha ducha a razón de dous aseos completos por cada grupo de 20 obreiros ou fracción.

Todos os pavimentos interiores serán impermeables e lisos. Os materiais que constitúan a edificación deberán ser incombustibles e as estruturas resistentes ao lume e de características tales que non permitan chegar ao exterior ruídos nin vibracións nas condicións reguladas na normativa de aplicación.

Todas as instalacións, motores e máquinas deberán montarse conforme as disposicións vixentes e baixo a dirección dun técnico competente. Cumprirán os requisitos necesarios para a seguranza do persoal e as condicións necesarias de tipo acústico ou térmico a fin de que non se orixinen molestias.

A potencia electromecánica está determinada pola suma das potencias dos motores que accionen as maquinarias e aparellos e expresarase en cabalos de vapor (CV). Non se computará a de iluminación, instalacións de aire acondicionado, ventilación nin elevación.

Se os residuos que produce calquera actividade, polas súas características, non poden ser recollidos polo servizo de limpeza municipal, deberán ser trasladados directamente a un vertedoiro autorizado por conta do titular da actividade.

Para a prevención e extinción de incendios disporase de saídas de emerxencia e accesos especiais para salvamento, así como os aparellos, instalacións e útiles que, en cada caso, e de acordo coa natureza e características da actividade, determinen os técnicos municipais en función da normativa de aplicación.

Artigo 30. Regulación dos usos de garaxe-aparcadoiro e servizos da automóbil

Definición:

Denomínase «garaxe-aparcadoiro» todo lugar destinado á estadía de vehículos de calquera clase, así como ao seu mantemento e entretemento. Considéranse incluídos dentro desta definición os servizos públicos de transporte, os lugares anexos de pasaxe, espera, venda, reparación ou estadía de vehículos.

Enténdese por «estación de servizo» toda instalación construída ao amparo da oportuna concesión que conteña aparellos e subministración de carburantes, gas oil e lubricantes e na cal poidan existir outros relacionados cos vehículos de motor.

Clasificación:

Divídense nas seguintes categorías:

1ª. Garaxe-aparcadoiro en superficie libre de parcela.

2ª. Garaxe-aparcadoiro anexo a outros usos no interior da edificación ou en edificio exclusivo.

3ª. Estacións de servizo.

Condicións:

A instalación e uso de garaxes-aparcadoiros e estacións de servizo deberá axustarse ás prescricións das presentes ordenanzas e demais disposicións vixentes.

As ramplas rectas non excederán a pendente do 16 % e as ramplas en curva o 12 % na súa liña media. A súa largura mínima será de 3 m, e o seu raio de curvatura, medido tamén no eixo, será superior a 6 m. Disporán dun espazo de acceso de 3 m de largo e 4,5 m de fondo, como mínimo, con piso de pendente máxima 5 % e libre de calquera outro uso ou actividade.

Enténdese por praza de aparcadoiro unha área mínima de 2,3 por 4,5 m. Sinalaranse no pavimento as prazas e corredores de acceso dos vehículos, sinalización que figurará nos planos dos proxectos que se presenten ao solicitar a concesión das licenzas de construción, instalación, funcionamento e apertura. En garaxes admitirase unha altura libre mínima de 2,20 m en calquera punto.

Cumprirase especialmente a normativa de protección contra o lume, as regulamentacións sobre illamento acústico e ruídos e calquera outra que for de aplicación.

A ventilación, natural ou forzada, estará proxectada con suficiente amplitude para impedir a acumulación de vapores ou gases nocivos. Será obrigatorio, cando exista ventilación forzada, dispor na zona con peor ventilación un aparello detector de CO2 por cada 500 m2.

Nos espazos que se destinan a aparcadoiros de superficie non se autorizarán máis obras ou instalacións que as de pavimentación e marquesiñas de sombra e procurarase que este uso sexa compatible co arboredo.

Nas categorías 2ª e 3ª disporase dun sistema eficaz de depuración de graxas, para a súa conexión á rede de saneamento.

As estacións de servizo, ademais:

a) Disporán de aparcadoiros en número suficiente para non entorpecer o tránsito, cun mínimo de 2 prazas por bomba.

b) Os talleres do automóbil anexos non poderán ter unha superficie superior a 100 m2 e disporán dunha praza de aparcadoiro por cada 25 m2 do taller.

Artigo 31. Regulación do uso de oficinas

Definición:

É o correspondente a actividades predominantemente administrativas ou burocráticas e, en xeral, ás que exercen compañías ou entidades de servizos, sexan de carácter público ou privado, así como os servizos bancarios e profesionais.

Clasificación:

1ª. En edificio con outros usos.

2ª. En edificio exclusivo.

Condicións:

As oficinas que se establezan en soto ou semisoto non poderán ser independentes do local inmediato superior e estarán unidas a este por escaleiras cun largo mínimo de 1 m. A altura libre deste local será superior a 2,50 m.

Os locais de oficinas terán os seguintes servizos: até 100 m2, un inodoro e un lavabo. Por cada 200 m2, máis ou fracción aumentarase un inodoro e un lavabo. A partir dos 100 m2, instalaranse con enteira independencia para señoras e cabaleiros. Estes servizos non poderán comunicarse directamente co resto dos locais e disporanse cun vestíbulo de illamento.

A luz e ventilación dos locais de oficinas poderá ser natural ou artificial. No primeiro caso, os ocos de luz e ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a un oitavo da que teña a planta do local.

Disporán dos accesos, aparellos, instalacións e útiles que, en cada caso e de acordo coa natureza e características da actividade, determina a vixente lexislación sobre prevención de incendios.

Artigo 32. Regulación do uso comercial

Definición:

É o correspondente a edificios ou locais de servizo público destinados á compra e venda de mercadorías de todas as clases, ou adxuntas a industrias, así como os servizos de hostalaría tales como restaurantes, cafetarías e bares.

Clasificación:

Establécense as seguintes categorías:

1ª. Comercial complementario a outros usos.

2ª. Comercial en edificio exclusivo.

Condicións:

A zona destinada ao público terá unha superficie mínima de 6 m2.

A altura dos locais comerciais será como mínimo de 3 m.

Os locais comerciais disporán dos seguintes servizos sanitarios: até 100 m2, un inodoro e un lavabo; por cada 200 m2, máis ou fracción, aumentarase un inodoro e un lavabo. A partir dos 100 m2 instalaranse con absoluta independencia para señoras e cabaleiros. En calquera caso, estes servizos non poderán comunicarse directamente co resto dos locais e, por conseguinte, deberán instalarse cun vestíbulo ou zona de illamento.

A luz e a ventilación dos locais comerciais poderá ser natural ou artificial. No primeiro caso os ocos de luz e ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a un oitavo da que teña a planta do local. Exceptúanse os locais exclusivamente destinados a almacéns, rochos e corredores.

Artigo 33. Regulación do uso residencial

Definición:

É o edificio ou parte del destinado a residencia, quer estable quer temporal.

Clasificación:

Establécense dúas categorías:

1ª. Vivenda unifamiliar integrada ou anexa a un edificio con outros usos, con función exclusiva de residencia do persoal de vixilancia ou mantemento das instalacións en que se sitúa.

2ª. Hostaleiro. Corresponde aos edificios que se destinan ao aloxamento temporal de transeúntes.

Condicións en categoría 1ª:

a) Cumprirase a normativa aplicable, en especial o Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.

Non poderán situarse no soto e as condicións de iluminación e ventilación realizaranse, polo menos, nunha fronte de 6 m á rúa ou espazo libre de parcela.

b) En calquera caso será imprescindible que a vivenda en zona industrial dispoña de:

• Acceso independente da industria.

• Illamento e independencia respecto de vibracións, ruídos e demais fontes de perturbación, de forma que resulte garantida a protección de calquera actividade insalubre, molesta, nociva ou perigosa.

c) A unidade «vivenda» debe constituír un sector de incendio independente respecto da industria.

d) A superficie construída de cada vivenda non será inferior a 50 m2 nin superior a 150 m2.

e) Non poderá realizarse máis dunha vivenda por parcela.

Condicións en categoría 2ª:

Axustaranse á lexislación vixente na materia.

Artigo 34. Regulación do uso de equipamento comunitario

Definición:

Inclúense dentro deste uso os locais, edificios ou espazos destinados a un variado conxunto de dotacións destinadas a prover os cidadáns dos servizos administrativos, docentes, culturais, asistenciais, sanitarios, deportivos, recreativos, así como as súas instalacións complementarias e calquera outro servizo de carácter público que se considere necesario, incluídos os servizos urbanos.

Condicións:

Cumprirán as condicións legais vixentes de carácter sectorial que lles sexan de aplicación.

Reservarase unha praza de aparcadoiro por cada 100 m2 de edificación.

8. Normas particulares de cada zona.

Artigo 35. Sistema viario

Condicións de edificación: caracterízanse por non ser edificables, non incluíndo como tal concepto as construcións propias do mobiliario urbano.

Condicións de uso: serán as seguintes:

• Calzadas: uso libre de tránsito rodado.

• Beirarrúas e viario peonil: uso exclusivo de tránsito peonil.

• Aparcadoiros: uso público de aparcadoiro.

Permítese o paso de conducións de infraestruturas de servizos tanto subterráneas como aéreas.

Toda obra que se realice no sistema xeral viario e as súas zonas de afección requirirá previamente o informe correspondente da Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia ou da Deputación Provincial, dependendo de se se trata da AC-432 ou do CP-1601.

Artigo 36. Zonas verdes e espazos libres

A urbanización destes espazos consistirá na preparación necesaria dos terreos para efectuar as plantacións de árbores que, conforme as condicións climáticas da zona, poidan resultar adecuadas, e a súa adaptación para o uso e goce das cidadáns.

Condicións de edificación:

Ocupación máxima: 2 %.

Altura máxima: 4 m.

Permítese o paso de conducións de infraestruturas de servizos subterráneas.

Condicións de uso. O único uso admitido é o de zona verde e o de espazo libre convenientemente urbanizado, completado co mobiliario urbano usual.

Excepcionalmente poderán autorizarse casetas para servizo e mantemento, quioscos desmontables, así como elementos complementarios tales como palcos e elementos de ornato.

Todas as zonas verdes ou espazos axardinados, incluídas as rotondas, se revexetarán con especies autóctonas, se é posible de procedencia local. Priorizarase a presenza das seguintes especies:

• Carballo (Quercus robur).

• Bidueiro (Betula alba).

• Amieiro (Alnus glutinosa).

• Érbedo (Arbutus unedo).

• Loureiro (Laurus nobilis).

• Pereira brava (Pyrus communis).

Nas zonas de ribeira as especies prioritarias serán:

• Amieiro (Alnus glutinosa).

• Salgueiro (Salix atrocinerea).

• Freixo (Fraxinus angustifolia).

• Bidueiro (Betula alba).

Nos estratos inferiores non se plantarán herbáceas e deixarase paso á colonización dos arbustos propios da contorna. Faranse excepcións nos límites coa CP-1601, AC-432 e a fachada occidental, onde se utilizarán especies herbáceas (autóctonas ou de baixo consumo hídrico) con especies arbóreas (seguindo especies prioritarias establecidas con anterioridade) intercaladas e cunha distribución laxa.

En todo caso, non se utilizarán especies catalogadas como invasoras pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

As zonas verdes contiguas ao regato Cuncheiro respectarán, na medida do tecnicamente posible, a vexetación autóctona de ribeira, e non deben ser transformadas nunha zona de céspede e arboredo de baixa densidade. Non se implantará sistema de rega nestas zonas verdes.

Artigo 37. Equipamentos

Condiciones de edificación:

Recuamentos mínimos: os definidos no plano de zonificación.

Parcela mínima: non se establece parcela mínima.

Ocupación máxima de parcela: 60 %.

Edificabilidade máxima: 1,20 m2/m2.

Altura máxima: 10,0 m; equivalente a baixo e dúas plantas (B+2).

Condicións de uso: equipamento comunitario en todas as súas modalidades.

Artigo 38. Industrial

Condicións de edificación:

Parcela mínima: 500 m2.

Ocupación máxima de parcela: a resultante de aplicar os recuamentos obrigatorios e, como máximo, 80 %.

Edificabilidade máxima: 1,10 m2/m2.

Altura máxima: 9,0 m.

O proxecto de compensación establecerá a reserva de prazas de aparcadoiro a xustificar no interior de cada parcela, en función da edificabilidade que se asigne a cada unha delas, tendo en conta que o estándar que marca a Lei 9/2002 é de 1 praza por cada 100 m2 edificables, das cales como mínimo a cuarta parte será de dominio público.

Recuamentos: nos planos de ordenación defínense os recuamentos mínimos obrigatorios. Ademais destes, deberán respectarse as seguintes regras:

• Todas as parcelas gardarán un recuamento posterior mínimo de 3,0 m.

• As parcelas cunha superficie superior a 1.500 m deberán recuarse como mínimo 3 m dos lindeiros laterais.

• En parcelas con superficie igual ou inferior a 1.500 m2 as edificacións poderán encostarse aos lindeiros laterais, debendo ter un tratamento similar ao de fachada no caso de que a edificación situada na parcela lindante se ache recuada ou non se edificase aínda nela.

• En todo caso, nas parcelas en que así se desexe poderanse efectuar recuamentos nos lindeiros laterais; nese caso serán como mínimo de 3 m.

Espazos libres no interior da parcela. Poderán destinarse a aparcadoiro, espazos de carga e descarga e/ou zona axardinada. Poderá, así mesmo, situarse nos devanditos espazos instalacións do tipo de tanques de combustible, transformadores, casetas de telecomunicacións etc.

Prohíbese utilizar estes espazos como depósito de materiais ou vertedura de desperdicios.

Alturas fóra de normas. Permítese os elementos ornamentais de remate de cuberta e os que correspondan a escaleiras, aparellos elevadores ou elementos propios das instalacións do edificio (tanques de almacenamento, acondicionadores, torres de procesos, paneis de captación de enerxía solar, chemineas etc.) que terán unha altura libre de acordo coa súa función e deseño.

Autorízanse os seguintes usos:

• Industrial en todas as súas categorías. (*)

• Garaxe aparcadoiro en categorías 1ª e 2ª.

• Oficinas en categoría 1ª.

• Comercial categoría 1ª.

• Residencial categoría 1ª.

(*) Nas parcelas estremeiras coa zona verde pública do regato Cuncheiro limítase o uso industrial ás categorías 2ª, almacén, e 3ª, taller, e prohíbese a categoría 1ª, industria en si.

Artigo 39. Terciario

Condicións de edificación:

Parcela mínima: 1.000 m2.

Ocupación máxima: 60 %.

Edificabilidade máxima: 1,2 m2/m2.

Altura máxima: 10 m (B+2).

Recuamentos mínimos: os definidos no plano de zonificación. Ademais dos recuamentos establecidos nos planos de ordenación, será obrigatorio un recuamento lateral mínimo de 5,0 m.

O proxecto de compensación establecerá a reserva de prazas de aparcadoiro a xustificar no interior de cada parcela, en función da edificabilidade que se asigne a cada unha delas, tendo en conta que o estándar que marca a Lei 9/2002 é de 1 praza por cada 100 m2 edificables, das cales como mínimo a cuarta parte será de dominio público.

Espazos libres no interior da parcela. Poderán destinarse a aparcadoiro e/ou zona axardinada.

Prohíbese utilizar estes espazos como depósito de materiais ou vertedura de desperdicios.

Alturas fóra de normas. Permítense os elementos ornamentais de remate de cuberta e os elementos propios das instalacións do edificio, que terán unha altura libre de acordo coa súa función e deseño.

Condicións de uso:

• Equipamento comunitario.

• Garaxe aparcadoiro categoría 3ª.

• Oficinas en todas as súas categorías.

• Comercial en todas as súas categorías.

• Residencial categoría 2ª.

Artigo 40. Infraestruturas

Correspóndese coas áreas grafadas en planos correspondentes coas infraestruturas ao servizo do polígono. A localización definitiva destes últimos corresponderá ao proxecto de urbanización.

Non se establecen condicións de edificación, autorizándose en cada unha das parcelas cualificadas con esta ordenanza as construcións necesarias para o correcto funcionamento da infraestrutura a que se destinan.

As zonas que queden libres de edificación deberán axardinarse ou pavimentarse convenientemente.

Artigo 41. Aplicación xeral das normas de cada zona

Cando na aplicación das distintas normas establecidas exista contradición respecto das condicións de edificación ou uso dunha determinada parcela, prevalecerá a máis restritiva.

Disposición derradeira

– Referida ao catálogo:

O catálogo incluído no proxecto sectorial redáctase para dar cumprimento aos requisitos establecidos nas actuais leis que sobre patrimonio cultural están vixentes na nosa comunidade autónoma. Trátase pois de garantir que a salvagarda do patrimonio cultural presente no ámbito do parque empresarial da Ponte do Porto-Terra de Soneira.

O catálogo permanecerá aberto á incorporación de novos bens que sexan descubertos casualmente ou como consecuencia de actividades encamiñadas para tal fin dentro da normativa legalmente establecida para o efecto. Tanto nas obras realizadas fóra dos lugares, enclaves ou delimitacións con protección legal especificadas, como naquelas que, tendo protección, conten con informe previo en que non se presuma esperanza de achado ou se desen por concluídas as extraccións, aparezan restos, vestixios, elementos ou particularidades que infundan razoable sospeita do seu carácter patrimonial, procederase á súa paralización cautelar, e informarase do achado ou circunstancias á Consellería de Cultura.

Os xacigos ou bens patrimoniais que se descubran con posterioridade á elaboración deste catálogo e que poidan incluírse dentro da clasificación de elementos arqueolóxicos ou históricos serán incorporados a el e estableceranse para eles os límites e contornos de protección respectivos.

– Referida ás obras de construción do parque empresarial:

Con anterioridade ao comezo das obras de construción do parque empresarial deberase presentar, para a súa autorización polo órgano competente da Consellería de Cultura, un proxecto de control arqueolóxico dos traballos de limpeza de vexetación e movemento de terras das obras de urbanización previstas, asinado por un técnico competente, que cumpra cos requisitos exixidos no Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os traballos de roza, limpeza e movemento de terras das obras non se poderán iniciar ata que o devandito proxecto sexa autorizado.

Os resultados do control e seguimento arqueolóxico poderán condicionar o desenvolvemento do ámbito.

Calquera solicitude de licenza nas áreas de cautela dentro do ámbito do parque empresarial requirirá da autorización previa do órgano competente da Consellería de Cultura.

Todos os actos de uso do solo, de actividade ou de construción que se soliciten neste contorno de protección precisarán de autorización previa do órgano competente da Consellería de Cultura.

O traslado, restauración e posta en valor do muíño do regato Cuncheiro ARQT1 deberá documentarse exhaustivamente mediante proxecto que deberá ser autorizado polo órgano competente da Consellería de Cultura.

– Referida ao proxecto de urbanización e os proxectos que se desenvolvan no ámbito de actuación:

O proxecto de urbanización e os proxectos que se desenvolvan no ámbito de actuación deberán incluír os seguintes estudos:

Xustificación das medidas previstas para a integración paisaxística da actuación, concretando, entre outras, a proposta de integración do regato Cuncheiro e os tratamentos dos noiros xerados, tendo en conta as observacións realizadas pola antiga Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.

Estudo acústico que xustifique o cumprimento dos obxectivos de calidade acústica exixidos polo Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas para as áreas acústicas definidas. No devandito estudo identificaranse e describiranse con suficiente detalle as medidas correctoras necesarias para garantir a compatibilidade do uso proposto cos niveis máximos de ruído, tendo en conta, entre outros aspectos, a proximidade da actuación a un centro de educación e a vivendas habitadas.

Plan de vixilancia ambiental para o seguimento dos efectos asociados ás obras e a posterior explotación, para garantir o cumprimento e eficacia das medidas preventivas e correctoras propostas».

Contra o devandito acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo