Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 8 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada que se indica no anexo a resolución do procedemento sancionador ES-P-0012/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do procedemento sancionador que se detalla no anexo.

Pontevedra, 8 de outubro de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: ES-P-0012/11.

Nome: Alberto García Fernández.

Enderezo: Lourido, 55, Soutomaior, Pontevedra.

Asunto: notificación de resolución.

Contido: resolve que se impoña a Alberto García Fernández unha sanción de multa de 495 € por non depositar a fianza a que está obrigado por lei no alugamento dunha vivenda, sendo autor, en consecuencia, dunha infracción tipificada como leve no artigo 110.4.d) da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.

Recurso: contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1192, do 26 de novembro.