Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41856

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 1174/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1174/2011 deste Xulgado do Social número 2, seguido por instancia de Roberto Javier Luzar Gómez contra as empresas T.G. Maquinaria y Distribuciones Gráficas, S.L. e Maquinaria Heilderberg Ocasión, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa decisión se xunta:

«Decido que estimando a demanda interposta por Roberto Javier Luzar Gómez contra as empresas Maquinaria Heilderberg Ocasión, S.L. e TG Maquinaria y Distribuciones Gráficas, S.L., (a) declaro extinguida a súa relación laboral con data desta sentenza, e (b) condénoas solidariamente a que o indemnicen pola extinción coa cantidade -salvo erro ou omisión- de vinte e oito mil douscentos trinta e tres euros e quince céntimos (28.233,15 €).

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada, deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a T.G. Maquinaria y Distribuciones Gráficas, S.L. e Maquinaria Heilderberg Ocasión, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 18 de outubro de 2012

A secretaria xudicial