Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41857

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 544/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 544/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrés Martínez González contra a empresa Instalaciones Miño, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa decisión se xunta:

«Decisión:

Que estimando a demanda interposta por Andrés Martínez González contra a empresa Instalaciones Miño, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dous mil cincocentos corenta e tres euros e dezanove céntimos (2.542,19 €).

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Miño, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 18 de outubro de 2012

A secretaria xudicial