Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41858

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 739/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 739/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Lage Reyes contra a empresa Técnicas Constructivas Gallegas, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa decisión se xunta:

«Decisión:

Que estimando a demanda interposta por Alejandro Lage Reyes contra a empresa Técnicas Constructivas Gallegas, S.L. (Tecoga), declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 17.6.2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, e condénoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade –salvo erro ou omisión– de dezaseis mil cento trinta euros e cincuenta e cinco céntimos (16.130,55 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a dezanove mil catrocentos setenta e oito euros e corenta céntimos (19.478,40 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada, deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Técnicas Constructivas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 18 de outubro de 2012

A secretaria xudicial