Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41855

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (532/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 18.10.2012 no proceso seguido por instancia de José Luis Silva Vázquez contra Conszoa, S.L., en reclamación por cantidade, rexistrouse co número 532/10 e acordouse notificar a Conszoa, S.L., a resolución da sentenza seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por José Luis Silva Vázquez contra a empresa Conszoa, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dous mil catrocentos setenta e oito euros (2.478 €), incrementada co xuro por demora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Conszoa, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 18 de outubro de 2012

A secretaria xudicial