Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41853

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2816/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2816/2012-RF desta Sección, seguido por instancia de José Manuel Baltar Díaz contra a empresa Todocopia, S.A., sobre resolución de contrato, con data do 16 de outubro de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Decidimos:

Desestimamos o recurso de suplicación formulado pola letrada Celia Pereira Porto, en nome e representación de José Manuel Baltar Díaz contra a sentenza do 29 de marzo de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, no procedemento 30/2012, seguido contra a empresa Todocopia, S.L., sobre extinción de contrato, confirmando integramente e en todos os seus pronunciamentos a expresada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto,
nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Todocopia, S.A., con último domicilio coñecido en Pena Trevinca nº 17, 32005 Ourense, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de outubro de 2012

O secretario xudicial