Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41851

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4785/2009).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que nas actuacións demanda/recurso de suplicación número 4785/2009-RF a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos 744/2008 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, promovidos por Ramón Valea López contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dragados Obras y Proyectos, S.A., Asepeyo, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 151, Mutua Universal Mugenat, Inmeval, S.L., Urbaser, S.A., Canalizaciones Pongal, S.L, sobre accidente, con data do 16 de outubro de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación formulado polo letrado Manuel Casal Fraga, en nome e representación de Ramón Valea López, debemos confirmar e confirmamos a sentenza do 12 de maio de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, no procedemento 744/2008, promovido por Ramón Valea López contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Asepeyo, a Mutua Universal, Dragados Obras y Proyectos, S.A., Urbaser, S.A., Canalizaciones Pongal, S.L. e Inmeval, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Inmeval, S.L., Canalizaciones Pongal, S.L., con último domicilio coñecido no polígono industrial As Lagoas, parcela 34, nave F, Narón; e avda. San Cristóbal 5, A Coruña, expido e asino este edicto na Coruña, 16 de outubro de 2012.

O secretario xudicial