Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41823

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública para un almacén de material de construción.

Dolores Romero Gómez solicitou desta Alcaldía licenza municipal para declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para tres naves destinadas a almacén de materiais da construción, en Rial. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no cal se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de 20 días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Val do Dubra, 9 de outubro de 2012

Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde