Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verea

ANUNCIO información pública para unha explotación extensiva de gando caprino.

Con data do 31 de agosto de 2012, Benjamín Pallares Domínguez solicitou licenza para a instalación da actividade de explotación extensiva de gando caprino, que se situará no lugar de Cardeo, polígono 4, parcelas 1058, 1063, 1064, 1065 e 1070.

O Concello está a tramitar o oportuno expediente de avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento da lexislación vixente sobre avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de 20 días mediante a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, exposición no taboleiro de anuncios do Concello e notificación persoal da apertura do devandito trámite aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da localización proposta, para que os posibles afectados poidan alegar o que consideren oportuno.

O prazo para a presentación de alegacións comezará a contarse a partir do día seguinte hábil ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo para a presentación de alegacións for inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

As alegacións ou observacións presentaranse nas oficinas municipais das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, o expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en días hábiles, agás sábados, no horario sinalado.

Verea, 3 de outubro de 2012

Juan A. Martínez González
Alcalde