Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41820

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2012 mediante a que se anuncia procedemento aberto para a contratación das obras do proxecto de execución de urbanización dos terreos ocupados para sistema local de zonas verdes/espazos libres da AR 22N, situados no interior do quinteiro formado por Alejandro Pedrosa, Santa Teresita, Río Xares, Río Búbal e Río Limia.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Infraestruturas.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2240.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto de execución de urbanización dos terreos ocupados para sistema local de zonas verdes/espazos libres da AR 22N, situados no interior do quinteiro formado Alejandro Pedrosa, Santa Teresita, Río Xares, Río Búbal e Río Limia.

c) Prazo de execución: 6 meses.

d) CPV: 45112700-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 70 puntos.

– Referencias técnicas: 18 puntos.

– Melloras gratuítas: 12 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 796.610,17 euros. IVE: 167.288,14 euros. Importe total: 963.898,31 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5 % do importe da adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d).

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 5 do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: rexistro xeral.

2. Domicilio: praza Maior, nº 1.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Dirección electrónica: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade. Serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 25 de outubro de 2012

Agustín Fernández Gallego
Alcalde