Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41579

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de outubro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Marcote, do concello de Vigo.

A titularidade do centro privado (CPR) Marcote, do concello de Vigo, solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) de Axencias de Viaxes, do CS Aloxamento e do CS Información e Comercialización Turísticas.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

Suprimir o CS Axencias de viaxes, o CS Aloxamento e o CS Información e Comercialización Turísticas no centro privado que a seguir se detalla:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Marcote.

Código: 36015822.

Domicilio: avda. da Ponte, 80.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Marcote, S.L.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Bacharelato: 8 unidades. Modalidades: Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais.

Segundo.

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Terceiro.

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria