Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41581

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de outubro de 2012 pola que se concede autorización para a súa apertura e funcionamento ao centro autorizado de ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño Marcote, do concello de Vigo.

A titularidade do centro autorizado de ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño Marcote, do concello de Vigo, solicita a autorización para impartir os ciclos formativos de artes plásticas e deseño de grao superior de Gráfica Publicitaria e de Fotografía Artística, da familia profesional de Deseño Gráfico.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, e coa Orde do 5 de decembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

Autorizar a apertura e funcionamento do centro autorizado de ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño Marcote que a seguir se detalla:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño.

Denominación específica: Marcote.

Código: 36024823.

Domicilio: avda. da Ponte, 80.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Marcote, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: Deseño Gráfico.

– 1 ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de Fotografía Artística.

– 1 ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de Gráfica Publicitaria.

Segundo.

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro.

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Cuarto.

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria