Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41577

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de outubro de 2012 pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións e o cambio de titularidade do centro privado Pablo VI-Fátima, do concello da Rúa.

O representante da titularidade do centro privado Pablo VI-Fátima, do concello da Rúa, solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións das ensinanzas de educación infantil e primaria, da rúa Felgar, número 13, á avenida Pablo VI, número 3, da Rúa (Ourense), así como o cambio de titularidade.

Mediante escritura pública notarial, outorgada ante a notaria María Antonia Torga Noval, a Diócese de Astorga e a Congregación de la Compañía das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, ceden a titularidade do centro educativo a favor do Bispado de Astorga.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense achega os expedientes cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións das ensinanzas de educación infantil e primaria, da rúa Felgar, número 13, á avenida Pablo VI, número 3, da Rúa, do centro privado Pablo VI-Fátima.

Segundo.

1. Autorizar o cambio de titularidade a favor do Bispado de Astorga do centro privado que se detalla a continuación:

Denominación: CPR Pablo VI-Fátima.

Código do centro: 32020631.

Domicilio: avda. Pablo VI, nº 3.

Localidade: A Rúa.

Concello: A Rúa.

Provincia: Ourense.

Titular: Bispado de Astorga.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Bacharelato: 4 unidades. Modalidades: Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais.

2. O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Terceiro.

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Cuarto.

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria