Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41272

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

NOTIFICACIÓN de sentenza 784/12 (autos 290/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria en substitución do Xulgado do Social número 3 da Coruña fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Pablo César del Puerto Muñiz contra Iglealva, S.L., Repecua Asociados, S.L.U. en reclamación por despedimento, rexistrado co nº de despedimento obxectivo individual 290/2012, acordouse citar a Repecua Asociados, S.L.U., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social 3, situado en rúa Monforte, s/n o día 10.9.2012 ás 11.30 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación por medio da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Repecua Asociados, S.L.U. expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de agosto de 2012

A secretaria xudicial