Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41270

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (509/2011).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramita peza de medidas provisionais número 509/2011, na cal se ditou o seguinte:

«Auto

Vigo, 9 de novembro de 2011.

Seguen feitos e razoamentos xurídicos

Parte dispositiva

Dispoño acordar as seguintes medidas provisionais coetáneas:

Primeira. Atribúese a garda e custodia da filla menor a María Luisa Álvarez Ferreira, e a patria potestade será compartida entre ambos os proxenitores.

Segunda. Adao Emilio Ferreira da Costa satisfará en concepto de alimentos a favor da súa filla a cantidade de 200 euros mensuais, que ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que a nai designe para o efecto e que será actualizada anualmente conforme a variación do índice de prezos de consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor tendo esta consideración, entre outros, os derivados de tratamentos médicos, cirúrxicos, protésicos, ortopédicos ou odontolóxicos non cubertos polo sistema sanitario público.

Terceira. A menor poderá relacionarse co seu proxenitor cando ambos os dous libremente e de mutuo acordo o decidan.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que é firme.

Así, por este auto, acórdao, mándao e asínao María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada-xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) e o seu partido».

E para que conste e sirva de notificación a Adao Emilio Ferreira da Costa, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Vigo, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial