Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41267

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (576/2009).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante este edicto anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia da Asociación de Veterinarios da Xunta de Galicia polo Decreto 37/2006, ditouse sentenza o quince de febreiro de 2012, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Fernando Seoane Pesqueira.

María Azucena Recio González.

María Dolores Galindo Gil.

A Coruña, 15 de febreiro de 2012.

No recurso contencioso-administrativo que co número 576/2009, pende de resolución ante esta salga, interposto pola Asociación de Veterinarios Interinos da Xunta de Galicia polo Decreto 37/2006 (Vete, Jesús Manuel Serrano Sacristán, Florentina Vizoso Durán, Cristina García Estévez, José Luis Martínez Romero, María Purificación Fernández Rodríguez, María del Carmen Paradela Doval, María José Vázquez Bellón, María Paraños Trigo, Juan Marey Rodríguez, Inmaculada López Moure, Bárbara Carballo Llovo, Ana María Díaz Rodríguez, Anai Hermida González, José Casqueiro Montes, representados pola procuradora María Irene Cabrera Rodríguez e dirixidos polo letrado Rafael Rossi Izquierdo, contra a Resolución do 2.4.2009 e a Orde do 20.3.2006, da Consellería de Presidencia, sobre arquivamento de actuacións realizadas no procedemento de revisión de oficio e nomeamento como funcionarios de corpo facultativo superior, escala de veterinarios, grupo A. É parte a Administración demandada, a Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, Pablo Ignacio Reyes Martínez, Jesús Villanueva López, Pilar Lence Méndez, José García García, Susana Durán Sueiras, Virgilio de la Viuda Martínez, María del Pilar Santos Pérez, Luis Alberto Pérez Estévez, Luis Núñez Desiré, Jorge-Juan González Varela, José Manuel González Carballo, Juan José Insua Louro, Juan Antonio Jeremias Suárez, Berta Vilas Rego, Luis Miguel Devesa Nodar, Ana-Isabel de la Fuente Puente, María Francisca Gómez Cuñarro, María del Carmen Neira Castro, Rosa-María Alvite Muinelo, Carlos García-Argüelles Suárez, María de los Ángeles Maseda Sante, María Teresa Magaña Suárez, Pilar Rodríguez Revesado, Juan Marí Puget, Mario Fernández Fernández, Mª Concepción de la Fuente Pajín, Manuel Herminio Pérez Vega, Carlos-Alberto Vázquez Dorrego, José Manuel Cruz López, Pedro Tordable Menéndez e Jesús-María Gutiérrez Curiel, representados polo/a letrado/a da Xunta de Galicia,

É relatora María Dolores Galindo Gil.

(…)

Decidimos que debemos desestimar e desestimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación de Veterinarios Interinos da Xunta de Galicia polo Decreto 37/2006 e Jesús Manuel Serrano Sacristán e outros contra Resolución do 2 de abril de 2009, do conselleiro de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, que acorda o arquivamento das actuacións realizadas no procedemento de revisión de oficio incoado pola Resolución do 31 de outubro de 2008. Co obxecto de declarar a nulidade de pleno dereito da Resolución do 7 de decembro de 2005 pola que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior facultativo da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004 e a Orde do 20 de marzo de 2006, procedeuse ao nomeamento como funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, dos aspirantes que superaron aquel proceso selectivo e contra o ditame número 4/2009, do 16 de febreiro de 2009, do Consello Consultivo que emite informe desfavorable sobre a proposta de Resolución do 29 de decembro de 2008 da directora xeral da Función Pública sobre nulidade de pleno dereito da resolución e orde indicadas, sen facer imposición de custas.

Notifíquese ás partes e entréguese copia ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que esta é firme e que contra ela as persoas e entidades a que se refire o artigo 100 da Lei 29/1998, do 13 xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderán interpoñer o recurso de casación en interese de lei do artigo citado, dentro do prazo dos tres meses seguintes á súa notificación. Así mesmo, poderán interpoñer contra ela calquera outro recurso que consideren adecuado á defensa dos seus intereses. Para admitir a trámite o recurso, ao interpoñerse deberá constituírse, na conta de depósitos e consignacións deste tribunal (1570 0000 85 0576 09 24), o depósito a que se refire a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro (BOE núm. 266, do 4 de novembro); e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Antonio Jeremias Suárez e Berta Vilas Rego, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 15 de outubro 2012

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial