Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41265

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de outubro de 2012 de corrección de erros á Orde do 24 de outubro de 2012 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 206, do luns 29 de outubro de 2012, cómpre efectuar as seguintes modificacións:

– Na base décimo terceira, páxina 40514, onde di:

«3. Quedan exceptuados da obrigatoriedade de concursar:

O profesorado desprazado do centro cando nel teña destino definitivo un profesor ou profesora da mesma especialidade nacido/a antes do 31 de agosto de 1948».

Debe dicir:

«3. Quedan exceptuados da obrigatoriedade de concursar:

O profesorado desprazado do centro cando nel teña destino definitivo un profesor ou profesora da mesma especialidade nacido/a antes do 31 de agosto de 1949».

– Na base décimo cuarta, páxina 40515, onde di:

«3. Por desprazamento dos seus centros por insuficiencia total de horario, en iguais condicións, que os titulares dos postos suprimidos».

Debe dicir:

«3. Por desprazamento dos seus centros por insuficiencia total de horario ou por dispor de menos de cinco sesións lectivas da súa especialidade que poidan ser asumidas por profesorado doutro departamento, en iguais condicións que os titulares dos postos suprimidos».

– Na base vixésimo terceira, páxina 40522, onde di:

«3. Prazas con requisito de coñecemento da lingua galega.

No suposto de solicitar prazas dalgunha das especialidades relacionadas no punto 1.3 da base común décimo primeira ...».

Debe dicir:

«3. Prazas con requisito de coñecemento da lingua galega.

No suposto de solicitar prazas dalgunha das especialidades relacionadas no punto 1.2 da base común décimo primeira ....».

– Na base vixésimo quinta, páxina 40524, onde di:

«Vixésimo quinta. Resolución provisional del concurso».

Debe dicir:

«Vixésimo quinta. Resolución provisional do concurso».

– No anexo XV, páxina 40591, disposición complementaria cuarta, onde di:

«En relación coa puntuación das epígrafes 6.1, 6.2 e 6.3 ...».

Debe dicir:

«En relación coa puntuación da epígrafe 4.1 ...».

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria