Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41273

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (900/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 900/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Víctor Manuel Labandeira Corral, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«A Coruña, 5 de outubro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Fundación Laboral de la Construcción, que comparece, e doutra como demandada a empresa Víctor Manuel Labandeira Corral, que non comparece malia estar citada en legal forma.

Resolución.

Admito a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Víctor Manuel Labandeira Corral, polo que condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 478,40 euros máis a recarga do 20 % por demora.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe ningún recurso.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose realizando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Víctor Manuel Labandeira Corral expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

O secretario xudicial