Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41226

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación da corrección de erros existentes na ordenanza número 2 do Plan parcial de ordenación do lugar de Tomé (Renza-Faxilde).

O Pleno da Corporación municipal, en sesión do 29 de decembro de 2011, acordou aprobar a corrección de erros existentes na ordenanza nº 2 do Plan parcial de ordenación do lugar de Tomé (Renza-Faxilde).

De conformidade co establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (modificada polas leis 15/2004, 6/2008, 18/2008, 2/2010 e 15/2010), o acordo de aprobación da corrección da ordenanza publícase no Diario Oficial de Galicia e o documento que conteña a corrección da ordenanza, no Boletín Oficial de Pontevedra.

Así mesmo, o 7 de setembro de 2012 remitiuse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha copia autenticada do expediente administrativo de dous exemplares da corrección aprobada con todos os planos e documentos que a integran.

Vilagarcía de Arousa, 10 de setembro de 2012

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde