Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41227

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Podólogos de Galicia

ANUNCIO de información pública sobre notificación de proposta de resolución de expediente sancionador.

Con data 6 de agosto de 2012 formulouse proposta de resolución pola instrutora do procedemento 1/2012. Intentada a notificación persoal, ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de RXAP e PAC, notifícaselle ao interesado a devandita proposta de resolución, dispoñendo dun prazo de quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación, para o efecto de formular alegacións ante a instrutora do procedemento.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2012

Montserrat Martínez Espiño
Instrutora

Anexo

Expediente e materia: infracción dos artigos 54.1 e 54.3 dos Estatutos do COPOGA.

Infractor: José Ramón Echegaray Rodríguez.

Infracción e sanción: con respecto aos feitos cualificados como faltas moi graves, proponse: inhabilitación permanente para o desempeño de cargos colexiais directivos. Con respecto ás faltas leves: amoestación por escrito.