Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41228

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO do expediente de contratación 2012000369.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades, Televisión de Galicia, S.A. e Radiotelevisión Galicia, S.A.

2. Obxecto do contrato: servizo de mediación e xestión de viaxes e outros cunha axencia de viaxes.

3. Orzamento base de licitación: non existe. O importe anual estimado segundo facturación 2011 é de 240.000 euros sen IVE.

4. Prazo de execución: un ano.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía definitiva: 5 % do importe estimado de adxudicación.

8. Obtención dos pregos de condicións e información: no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es

9. Lugar de presentación das ofertas: Rexistro da Subdirección de Contratación, Patrimonio e Servizos Comúns da CRTVG e as súas sociedades, Bando, San Marcos, s/n, 15820 Santiago de Compostela.

10. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Apertura de ofertas: realizarase na sede da CRTVG en Bando, San Marcos s/n, Santiago de Compostela, na data e hora que se publicarán no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2012

Miguel Rodríguez Barrio
Director xerente da División de Planificación e Administración Xeral
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades