Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41225

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun taller de reparación e venda de motocicletas, equipamentos e motores náuticos na estrada da Gándara.

Daniel Bonome López solicitou da Alcaldía licenza municipal para a apertura dun taller de reparación e venda de motocicletas, equipamentos e motores náuticos, situado na estrada da Gándara nº 62-64. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 21 de setembro de 2012

Pilar Suanzes Hyde
Secretaria xeral accidental