Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41224

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muxía

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para a construción dunha corte na Grixa, parroquia de Vilastose.

De acordo co establecido no Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, publícase durante o prazo de 20 días o expediente incoado por Mª del Carmen Barrientos Puente para a construción dunha corte na Grixa, parroquia de Vilastose, Muxía, co fin de que os interesados no expediente poidan presentar as alegacións que estimen oportunas aos seus dereitos.

Muxía, 25 de setembro de 2012

Félix Porto Serantes
Alcalde