Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41223

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación dun convenio de colaboración entre os concellos de Ares, Mugardos e Fene.

Para os efectos legais previstos, por medio do presente faise público que o Pleno do Concello de Ares en sesión celebrada o día 27 de setembro de 2012, o Pleno do Concello de Mugardos en sesión celebrada o día 31 de agosto de 2012 e o Pleno do Concello de Fene en sesión celebrada o 6 de setembro de 2012, aprobaron a sinatura dun convenio de colaboración marco para a xestión compartida do servizo de bombeos da obra: «Actuacións de saneamento na zona norte da ría de Ares e sur da ría de Ferrol (EDAR)».

Ares, 11 de outubro de 2012

Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde presidente