Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto para a contratación do servizo de mantemento integral de portas automáticas.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratación.subministracións.asf@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-12-015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento integral de portas automáticas.

c) División por lotes e número de lotes: un só lote.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50324200-4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Oferta económica: ata 55 puntos.

– Proposición técnica: ata 45 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 63.400,00 €.

Importe con IVE: 76.714,00 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) A data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

10. Outras informacións: portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos, perfil do contratante: www.sergas.es

Ferrol, 22 de outubro de 2012

P.D. (Orde 5.7.2012, DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol