Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 18 de outubro de 2012 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes IN421A/11R12639 e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo nº 5, CP 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2012

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN421A/11R12639.

Interesada: Irene Alcorta Huarte.

Acto que se notifica: resolución do recurso de reposición.

Expediente: IN421A/11R13573.

Interesada: Fuskin Casas, S.L.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN421A/11R18665.

Interesado: Francisco Fernández Pérez.

Acto que se notifica: resolución de aceptación da renuncia.

Expediente: IN421A/11R18804.

Interesado: Luciano Fernández Valverde.

Acto que se notifica: resolución de aceptación da renuncia.

Expediente: IN421A/11R18831.

Interesada: Paula Tobío Vigo.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN421A/11R19657.

Interesado: Manuel López López.

Acto que se notifica: resolución de arquivamento.

Expediente: IN421C/11R19670.

Interesado: Roberto López Castro.

Acto que se notifica: resolución de arquivamento.

Expediente: IN421C/11R19671.

Interesado: José Elito Carrasco Méndez.

Acto que se notifica: resolución de arquivamento.

Expediente: IN421D/11R17593.

Interesado: Florentino Pena Calveira.

Acto que se notifica: resolución de concesión.

Expediente: IN421D/11R19607.

Interesado: Alverto Rodríguez Vidal.

Acto que se notifica: resolución de arquivamento.