Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2012 pola que se modifica a Resolución do 16 de outubro de 2012, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, sistema multicriterio e tramitación ordinaria, do contrato non suxeito a regulación harmonizada de servizos que se cita.

Na alínea 6.b) da Resolución do 16 de outubro de 2012, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 201, do 22 de outubro, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, con tramitación ordinaria, do contrato de servizos auxiliares para o manexo e mantemento da comporta da dársena interior e do guindastre do porto de Malpica de Bergantiños, así como o mantemento dos guindastres de Malpica de Bergantiños, Caión e Barizo, non suxeito a regulación harmonizada, disponse que os licitadores deberán acreditar a súa solvencia conforme o disposto no número 9.2 do cadro de características do contrato (CCC).

Con data do 26 de outubro de 2012 apróbase unha modificación no contido do número 9.2.2 do CCC, relativo á solvencia técnica e profesional, que deixa sen efecto o disposto no punto 1 do referido número e aproba a nova redacción do CCC.

Sobre a base desa modificación, cómpre efectuar a seguinte corrección no contido do anuncio de licitación:

– Na páxina 39953, na alínea 6.b), onde di: «Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica ou financeira e a técnica e profesional conforme o disposto no número 9.2 do CCC», debe dicir: «Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica ou financeira e a técnica e profesional polos medios establecidos no número 9.2 do CCC, tendo en conta o disposto na súa nova redacción aprobada o 26 de outubro de 2012».

– Obtención de información e da documentación modificada:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia. Teléfono: 881 88 16 45.

2. Perfil do contratante: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=18081

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar o contrato de servizos de referencia, que rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

– Data de apertura de ofertas: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia