Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2012 pola que se anuncia a contratación do servizo para a evolución e deseño de novos servizos englobados na Carpeta do Cidadán que se ofrecen desde as oficinas virtuais proporcionadas pola Consellería de Facenda, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: CIXTEC.

2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

a) Nº expediente: 12-048.

b) Tipo: servizos.

c) Descrición do obxecto: servizo para a evolución e deseño de novos servizos englobados na Carpeta do Cidadán que se ofrecen desde as oficinas virtuais proporcionadas pola Consellería de Facenda, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

e) Prazo de execución: cinco meses desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 72000000-5.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) e con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.611A.640.9 do CIXTEC para o exercicio 2012, onde existe crédito adecuado e suficiente, no seu orzamento de capital, para atender as obrigas derivadas desta contratación. O crédito do exercicio 2013 quedará sometido á condición suspensiva de existencia de crédito nos orzamentos da entidade para o citado exercicio.

5. Valor estimado do contrato.

Importe: 118.100,00 euros.

6. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 118.100,00 euros. Importe total: 142.901,00 euros, distribuido nas seguintes anualidades: ano 2012: 130.196,00 euros. Ano 2013: 12.705,00 euros.

7. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

2º. Ofertas presentadas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 23.59 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidad de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada en sobre cerrado:

Entidade: CIXTEC.

Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

2º. Documentación presentada a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex):

As ofertas deberán presentarse no Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex), accesible a través do portal http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: o quinto (5º) día hábil, contado a partir do seguinte ao de finalización de presentación de ofertas e se día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– Data: o décimo primeiro (11º) día hábil, contado a partir do seguinte ao de finalización de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios correrán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2012

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable