Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41031

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (428/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 428/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Raquel Varela Gómez contra a empresa Informaliate Computer, S.L., sobre despedimento, se ditou auto cuxa parte dispositiva di:

«Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado 29 de agosto de 2012, no sentido fixado no fundamento de dereito da presente resolución, debéndose entender que onde di Raquel Gómez Varela, ha de dicir Raquel Varela Gómez».

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún distinto do recurso de suplicación que de ser o caso se formule contra a sentenza.

A Coruña, 10 de outubro de 2012

A secretaria xudicial