Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41032

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1029/2010).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1029/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Cabanell Velasco contra a empresa Siluetas Show Models, S.L. sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, foi ditada a seguinte sentenza:

«Que, desestimando a demanda interposta por Raúl Cabanell Velasco contra a empresa Siluetas Show Model, S.L., debo declarar e declaro que a demandada non debe ao demandante as cantidades que se reclaman na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza. No mesmo termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar o comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta deste xulgado.

No momento de interpor o recurso tamén deberá consignar a suma de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación a Raúl Cabanell Velasco, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de outubro de 2012

A secretaria xudicial