Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41029

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (737/2012).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 737/2012 por instancia de José Amador Barros Muíños contra a empresa Copias y Servicios Coruña, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 5.10.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión.

Estímase a demanda formulada por José Amador Barros Muíños fronte a Copias y Servicios Coruña, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola empresa demandada Copias y Servicios Coruña, S.L. ao demandante José Amador Barros Muíños.

– Acórdase, ante a imposibilidade de readmisión, ter por feita a opción a favor da indemnización, declarándose extinguida a relación laboral que unía o demandante con Copias y Servicios Coruña, S.L.

– Condénase a Copias y Servicios Coruña, S.L. a aboarlle ao demandante, José Amador Barros Muíños, a cantidade de cinco mil seiscentos sesenta e un euros con trinta e catro céntimos de euro (5.661,34 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Copias y Servicios Coruña, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de outubro de 2012

O secretario xudicial