Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41027

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (693/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 693/2012 por instancia de Begoña Domínguez Patiño contra a empresa Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 2.10.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión: estímase a demanda interposta por Begoña Domínguez Patiño fronte a Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L., á demandante Begoña Domínguez Patiño.

– Condénase a Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 13.379,60 euros; o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 5.619,60 euros, aos cales se deberán engadir os que se perciban ata a súa notificación, a razón de 44,60 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e farase constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 10 de outubro de 2012

O secretario xudicial