Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41026

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (996/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 996/2010 por instancia de María Isabel García Ramírez contra a empresa Complejo Parador de Montesalgueiro, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, nos cales se ditou sentencia en data 3.10.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Estímase a demanda interposta por María Isabel García Ramírez fronte a Complejo Parador de Montesalgueiro, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Complejo Parador de Montesalgueiro, S.L. a aboarlle á demandanda a cantidade de mil setecentos noventa e un euros con sesenta e tres céntimos de euro (1.791,63 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Complejo Parador de Montesalgueiro, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 10 de outubro de 2012

O secretario xudicial