Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41014

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (510/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 510/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Aurora Martínez Loureiro contra a empresa Fontan Bear, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial, María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 8 de outubro de 2012

Antecedentes de feito.

Primeiro. O día sinalado para xuízo tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 a demanda de reclamación de cantidade presentada por Aurora Martínez Loureiro fronte a Fontan Bear, S.L. e o Fogasa.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día de hoxe.

Terceiro. A parte demandante manifestou que desiste da acción emprendida no acto de xuízo.

Fundamentos de dereito.

Único. Unha vez declarada pola demandante a súa vontade de abandonar o proceso e ao non solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede dar a demandante por desistida da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Dar por desistida a Aurora Martínez Loureiro da súa demanda fronte a Fontan Bear, S.L. e o Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese unha certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta de Banesto, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación a Fontan Bear, S.L., advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 8 de outubro de 2012

A secretaria xudicial