Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41012

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1435/2009).

Demandante: José Luis Martínez Corral.

Demandados: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, María Josefa Pérez Gonzalo, José María Santos Iglesias, Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos, S.A.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no día da data, no proceso seguido por instancia de José Luis Martínez Corral, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1435/2009, se ditou a seguintes resolución:

«Decido que estimando en parte a demanda interposta por José Luis Martínez Corral, con DNI 32437989, contra María Josefa Pérez Gonzalo, José María Santos Iglesias, a Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, sociedad anónima, e a Consellería de Facenda-Xunta de Galicia, debo declarar e declaro que procede parcialmente, e condeno a Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, sociedad anónima, como empresario principal, ao abeiro do artigo 42.2 do ET, a que lle aboe ao demandante a suma de 2.743,41 € líquidos, e absolvo os demais codemandados das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada, deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado, e poderá substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación a José María Santos Iglesias –herdeiro de Francisco Santos Orero–, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

A secretaria xudicial