Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41021

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (2/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 2/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Jesús Vázquez Núñez contra a empresa Raquel Cardama del Río e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Dispoño aceptar a solicitude de Jesús Vázquez Núñez de aclarar-rectificar a sentenza ditada neste procedemento con data do 30 de agosto de 2012, no sentido que se indica a seguir:

Decido que debo aceptar e acepto integramente a demanda en materia de despedimento e debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do que a demandante foi obxecto con data do 5 de decembro de 2001, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, ao cesar na súa actividade a demandada desde a data da presente resolución, e condeno a entidade Raquel Cardama del Río á readmisión do traballador no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza ou á indemnización por despedimento de corenta e cinco días de salario por ano de servizo, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano, ademais do aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución.

Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Contra este auto non cabe interpor recurso sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina a súa señoría, dou fe. O/a maxistrado/a xuíz. A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 11 de outubro de 2012

A secretaria xudicial