Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41023

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (910/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 910/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral da Construción contra a empresa José Luis González Álvarez sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«A Coruña o cinco de outubro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tendo visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, a Fundación Laboral da Construción, en cuxo nome e representación comparece o letrado Anxo Quiroga Fernández e doutra, como demandado, a empresa José Luis González Álvarez, que non comparece a pesar de estar citado.

Resolvo admitir a demanda formulada pola Fundación Laboral da Construción contra a empresa González Álvarez José Luis, polo que condeno a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 69,56 máis a recarga do 20 % por mora.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa José Luis González Álvarez expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de outubro de 2012

O secretario xudicial