Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 902/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral da Construción contra a empresa RTK Gestora de Construcción Norte, S.L. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:
«Na cidade da Coruña o oito de outubro de dous mil doce.
Carlos Villarino Moure, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tendo visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, a Fundación Laboral da Construción, pola cal comparece o letrado Anxo Quiroga Fernández, e doutra, como demandado, RTK Gestora de Construcción Norte, S.L., que non comparece a pesar de estar citada.
Resolvo admitir a demanda formulada pola Fundación Laboral da Construción contra a empresa RTK Gestora de Construcción Norte, S.L., polo que condeno a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 418,77 euros máis a recarga do 20 % por mora.
Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe ningún recurso.
Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente.
Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».
E para que sirva de notificación en legal forma a RTK Gestora de Construcción Norte, S.L. expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 10 de outubro de 2012
O secretario xudicial