Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 15 de outubro de 2012, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-14.12, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-14.12, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, para propor proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-14.12.

Interesada: Sociedade Andavía Renovables, S.A.

Último enderezo coñecido: Vía Édison 19, polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela.

Feitos imputados: instalación dunha torre anemométrica no contorno de protección do castro de Marcelín.

Tipificación: artigo 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.