Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/67-2, 8036 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: subestación Lugo 132 kV-ampliación MT.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

A ampliación consiste na reforma do parque de 20 kV, o cal se equipa con seis novas celas de MT tipo N×Plus blindadas con illamento en SF6, coas seguintes funcións:

3 posicións de liña de cliente.

2 posicións de acoplamento lonxitudinal de manobra.

1 posición de medida de tensión de barras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de outubro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo