Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Paradela (expediente IN407A 2012/59-2, 8028 AT).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Cancela Paredes, S.C.

Domicilio social: Paredes de Arriba, 5, Paradela.

Denominación: LMTA, CTI e RBTS para granxa en Paredes de Arriba.

Situación: concello de Paradela.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV con orixe no apoio existente PA H-13-630 da LMT SAR804 Oural-COG Magnesitas Rubián e final no CTI granxa avícola (proxectado), cunha lonxitude de 187 metros en condutor LA-56 tensado sobre apoios de formigón tipo HV.

– CTI granxa avícola, cunha potencia inicial de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– RBTS con orixe no CTI granxa avícola e final no armario de medida, cunha lonxitude de 10 metros en condutor tipo Z1 0,6/1 kV 50 AI.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 8 de outubro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo