Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 17 de outubro de 2012, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador S-P-16.12, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que se relaciona no anexo o acordo de incoación do expediente sancionador S-P-16.12, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, para propor proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Advírtese a interesada de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-16.12.

Interesada: Areal Ingeniería, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Bailén nº 1, entreplanta, 36206 Vigo.

Feitos imputados: obras de canalización da liña eléctrica LMTS e RBTS na rúa Areal nº 16, esquina á rúa Pontevedra no concello de Vigo, no contorno de protección do xacemento arqueolóxico do Areal, incumprindo a autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 23 de novembro de 2009, que condicionaba as obras á realización dun control arqueolóxico.

Tipificación: artigo 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95.2.a) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.