Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 17 de outubro de 2012, do Servizo de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores OU-S-11/2012, OU-S-12/2012 e OU-S-21/2012, por infraccións leves en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes sancionadores OU-S-11/2012, OU-S-12/2012 e OU-S-21/2012, da xefa do Servizo de Turismo de Ourense, xa que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

As interesadas poderán recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias do Servizo de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, Ourense.

Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, debendo aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía constriximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Expediente: OU-S-11/2012.

Titular sancionada: Isabel Inés Vargas Franco.

Establecemento: café bar Reboredo.

Domicilio: Principal, 41.

Localidade: San Cibrao das Viñas.

Resolución: 28 de agosto de 2012.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200,00) euros.

Expediente: OU-S-12/2012.

Titular sancionada: Isabel Inés Vargas Franco.

Establecemento: restaurante Reboredo.

Domicilio: Principal, 41.

Localidade: San Cibrao das Viñas.

Resolución: 28 de agosto de 2012.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción: trescentos (300,00) euros.

Expediente: OU-S-21/2012.

Titular sancionada: María Gloria Mbomio Mangue.

Establecemento: Madrugada.

Domicilio: Cruz, 21.

Localidade: Verín.

Resolución: 28 de agosto de 2012.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.6) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: trescentos (300,00) euros.

Ourense, 17 de outubro de 2012

Manuela Penín López
Xefa do Servizo de Turismo de Ourense